martes, 26 de mayo de 2026
jueves, 7 de mayo de 2026
Formación de radio con Damián Alonso
Onte visitounos Damián Alonso, profesional da dobraxe e partícipe de Escolas nas Ondas. Tiñamos moitas ganas de que chegara este día e que o alumnado puidese estrear a radio da man dun gran profesional e profesor. Foi unha mañá moi entretida adicada a aprender de principio a fin como se crea e se grava un pequeno podcast: idea, guión, escaleta, locución (e técnicas de proxección e modulación da voz), gravación e creación do arquivo final.
Moitísimas grazas Damián por este obradoiro tan marabilloso! Esperamos darlle moito uso a Radio Cusco :)
miércoles, 6 de mayo de 2026
Estreamos radio na biblio!
Xusto a tempo para a formación de radio do alumnado, a Radio Cusco abre as súas portas! A continuación hai que poñer a sala aínda máis bonita, más chea de obxetos creativos, experiencias e vivencias. Que gana de pasar tempo neste rinconciño da escola!
miércoles, 29 de abril de 2026
Preparando a radio na biblio...
A nosa conserxe Montse leva pintando arreo para a que será a futura radio (e 2º biblioteca) do cole. Que ganas de vela lista! Grazas Montse!




