jueves, 26 de mayo de 2022

PROXIMAMENTE NO COLE: "Mulleres empoderadas"

Os días 27 de maio e 3 de xuño o Concello da Capela organizará no noso cole unhas actividades relacionadas coa igualdade de xénero. 👏👏

Botádelle unha ollada ao programa:


lunes, 16 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 Na nosa biblio as Letras Galegas son protagonistas a diario, pero esta semana festexámolas con orgullo.

O xoves, os membros de Polo Correo do Vento presentáronnos a biografía de Florencio Delgado Gurriarán fusionando o galego coa música e coa creatividade e expresión artística dos nenos e nenas. 


Ben é certo, que xa coñecíamos un pouco da súa vida e obra, porque nas clases tiñamos realizado diferentes tarefas arredor da súa figura.


O venres comezamos a xornada cun contacontos de Marisa Irimia. A Biblioteca Municipal da Capela xa nos ten afeitos a este tipo de agasallos! 👏



Logo de merendar, foliada!!
Os membros da asociación Airiños da Capela acompañaron o noso baile co son en vivo e en directo dunha muiñeira. 

Tamén os/as alumnos/as que acoden á súa Escola de Música ensináronnos as súas habilidades tocando a gaita, batería e acordeón. Grandes artistas!

Música galega, baile, bo tempo e moita moita alegría para festexar por todo o alto  
a cultura de Galicia!





VÍDEO:

miércoles, 11 de mayo de 2022

ACTIVIDADE DA ANPA

Con motivo da Semana do Libro e as Letras Galegas, a ANPA do noso cole propúxonos estas dúas actividades: un troco de libros e combinar fotografía, arte e literatura para crear un bookface.


Velaquí algunhas das vosas contribucións. Noraboa aos gañadores!

jueves, 5 de mayo de 2022

PDI Coñece a túa contorna - PREVENCIÓN DE INCENDIOS E VISITA Á CENTRAL HIDROELÉCTRICA

Seguimos aprendendo na nosa contorna!

Luz (de FEUGA) explicounos estupendamente os factores que inflúen na propagación de incendios e tamén como previlos e manter o noso monte nas condicións axeitadas. Hai que lembrar que, fai unha década, parte das nosas fragas sufriron os estragos da ola de incendios que afectou a Galicia. Aínda hoxe se notan as súas pegadas e por nada do mundo queremos que se volva repetir algo así.

Deseguida puxemos rumbo a un dos recantos do noso monte máis próximo con tres finalidades: visitar a Central Hidroeléctrica do Eume, realizar un pequeno roteiro ata a antiga central e continuar coa actividade de prevención de incendios que comezaramos no cole participando nunha ginkana. Ah! E merendar nunha contorna inigualable, por suposto.

Graciñas a todos os que colaborastes neste gran día: o concello da Capela, Luz e Secundino. 

EU, CUSCO, TAMÉN MIRO POLO MEU MONTE!








domingo, 1 de mayo de 2022

NOVIDADES NA BIBLIO...

 Aquí vos deixo algunhas das novidades máis creativas que foron chegando aos nosos andeis!

Cusco, 🐭

PDI - COÑECE A TÚA CONTORNA & PROXECTO RÍOS

Seguimos investigando sobre o noso medio natural máis próximo e volvemos á ribeira do Río Sesín.

Alí, Ramsés, un membro de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), explicounos e guiounos para buscar e observar pequenos invertebrados e tamén algún que outro exemplo de plantas autóctonas. 

A rapazada de 3º a 6º ten unha boa capacidade de observación e, en pouco tempo, xa recolleran mostras de diferentes macroinvertebrados (e tamén algún vertebrado) que logo de analizar volvemos soltar na auga. A existencia destes "bichiños" nos noso río indica que a calidade da auga nese momento era moi boa. Por iso, debemos comprometernos co seu coidado para que siga sendo así. 

🌳🌿🌍







Os máis pequerrechos do cole tamén o pasaron xenial nesta solleira mañá, merendando ao aire libre, desfrutando da paisaxe e observando e aprendendo moito coas explicacións de Secundino. Graciñas unha vez máis por acompañarnos.