Mostrando entradas con la etiqueta bibliocreativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bibliocreativa. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de mayo de 2026

Formación de radio con Damián Alonso

Onte visitounos Damián Alonso, profesional da dobraxe e partícipe de Escolas nas Ondas. Tiñamos moitas ganas de que chegara este día e que o alumnado puidese estrear a radio da man dun gran profesional e profesor. Foi unha mañá moi entretida adicada a aprender de principio a fin como se crea e se grava un pequeno podcast: idea, guión, escaleta, locución (e técnicas de proxección e modulación da voz), gravación e creación do arquivo final.

Moitísimas grazas Damián por este obradoiro tan marabilloso! Esperamos darlle moito uso a Radio Cusco :)

























lunes, 12 de enero de 2026

sábado, 7 de junio de 2025

Aprendemos a bordar


A importancia das actividades creativas e artísticas artesanáis para traballar a perseverencia, a paciencia, a relaxación, a motricidade fina, a atención... Nun bastidor podemos pintar con fío, coma faríamos co pincel nun papel. Os nenos e nenas están a desfrutar moito deste novo medio de creación, aínda que ensebar a agulla segue a darnos moitos quebradeiros de cabeza!








viernes, 11 de abril de 2025

Apadriñamentos de xogo!

Para despedir o segundo trimestre, os nenos e nenas de 3º ciclo colleron as rendas e ensinaron a xogar ós de EI e ao 1º e 2º ciclo de EP a algunhas das novas adquisicións da nosa biblioteca.



martes, 1 de abril de 2025

Introducción ó stop motion

Estivemos aprendendo un pouco sobre linguaxe audiovisual, e os nenos e nenas argallaron unhas pequenas animacións para poñer en práctica o aprendido. Aquí tedes unha mostra!