jueves, 22 de junio de 2023

PRODUTO FINAL DO NO NOSO PDI: EXPOSICIÓN FLORA E FAUNA DA NOSA CONTORNA

Estes últimos días de clase realizamos unha exposición no corredor da entrada mostrando os traballos elaborados polo alumnado sobre o PDI deste ano: a flora e fauna da contorna.

Nesta mostra podemos contemplar moitas cousas....

  • Unha exposición en formato dixital sobre a saída ao regato de Mourente co alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria.
  • O vídeo realizado polo alumnado de quinto onde se da a coñecer A Capela.
  • Mostras do resultado da elaboración de papel reciclado.
  • Animais feitos con material de refugallo.
  • Carteis sobre a importancia da reciclaxe.
  • Libros que recollen información e debuxos sobre a flora e fauna da contorna.
  • Un herbario con follas das árbores recollidas na saída ao río Sesín. 
  • Un xogo de robótica.
Hai tamén códigos QR para que o alumnado poida ver todo en formato dixital e afondar máis no contido.

No seguinte vídeo móstrase a exposición e ao final veredes imáxenes do alumnado desfrutando das diferentes actividades e aprendendo do material elaborado polos seus compañeiros e compañeiras, así como do realizado por eles mesmos:


PASADE UN MOI BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS! VÉMONOS EN SETEMBRO!

miércoles, 21 de junio de 2023

 LIBROS VIAXEIROS DO TEMPO

Estes libros viaxaron de casa en casa durante o curso recollendo ditos, adiviñas e refráns relacionados cos diferentes fenómenos meteorolóxicos. 

O alumnado fixo unha búsqueda de información sobre isto sacando fontes das súas familias, libros, páxinas web, etc. Despois escribiron refráns, adiviñas, etc. e acompañáronnos de debuxos ou manualidades.

Moitas gracias a todos e todas por participar!

Este foi o resultado:

martes, 13 de junio de 2023

 CONTACONTOS: "COAS MANS NA MASA"

O pasado venres, todo o alumnado do cole asistou á Casa da Cultura da Capela para divertirse cun contacontos da man de Caxoto. 

A protagonista da historia era Laura, unha nena que quería ser pirata. Ao principio, o seu irmán intentou quitarlle a idea da cabeza dicindo que as nenas non podían ser piratas. Laura demostrou que iso non é así, que as nenas poden ser o que queiran e que todos e todas somos iguais, que podemos conseguir o que queraimos independentemente de se somos homes ou mulleres. Laura conseguiu resolver todos as probas e superar os diferentes retos que se lle propuxeron. Unha historia que tivo como fío principal a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas.

Esta actividade foi organizada pola Biblioteca Municipal do concello. Moitas gracias por invitarnos!

martes, 6 de junio de 2023

 OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

As profes Sandra e Alba realizaron co alumnado de primaria un obradoiro de escritura creativa onde os nenos e nenas escribiron pareados e pequenas poesías de historias creadas por eles e elas. En cada folio escribiron os versos e os ilustraron con preciosos debuxos que contiñan elementos das súas historias.

Por último, os maiores do cole foron á Biblioteca Municipal da Capela a colgar e expoñer os seus traballos.

PROXECTO RÍOS: SAÍDA AO RÍO SESÍN

Onte o alumnado de 3º a 6º de primaria desfrutou dunha mañá na natureza da nosa contorna. Fumos andando dende o cole ata o río Sesín, onde estivemos realizando diferentes actividades. Ángel e Nerea, de Euroeume, acompañáronnos nesta xornada. Trouxeron moito material para que os nenos e nenas aprendesen a identificar e estudar a fauna e a flora da contorna e do río. 

Obervamos que tipos de árbores habitan a zona polo tipo de folla que teñen, aprendimos a clasificar diferentes macroinvertebrados acuáticos que atopamos no río para así saber tamén a calidade da auga e por último estudamos as corrientes, a temperatura da auga e as características de contorna dunha zona específica do río.

Aquí tendes o vídeo que resume a saída. Pasámolo xenial!

METEOESCOLAS: COÑECE A TÚA CONTORNA

Deixámosvos este álbum con imaxes da contorna da Capela, sendo os fenómenos atmosféricos os protagonistas das diferentes paisaxes. 

Queremos agradecer ás familias e aos nenos e nenas a súa participación. Sen vós este proxecto non podería levarse a cabo.

Facede clic na imaxe para acceder ao álbum.

 FACENDO PAPEL, COIDANDO DO NOSO PLANETA

Para promover a elaboración e emprego de material reciclado e concienciar ao alumnado co coidado do medio ambiente e a reutilización de residuos, ao longo da semana pasada estivemos aprendendo a facer papel reciclado. Para iso, fixéronse algunhas investigacións nos pasos a seguir e no que se precisa para elaboralo. Foi un proceso que se realizou de xeito cooperativo, onde maiores e pequenos traballaron xuntos no proceso de elaboración. 

Este foi o resultado:

Deste xeito, promóvense directamente dende o cole algúns dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) propostos pola ONU (Organización das Nacións Unidas).