miércoles, 22 de junio de 2022

lunes, 20 de junio de 2022

MAÑÁ: CONTACONTOS!

Para despedir o curso, mañá disfrutaremos dun contacontos no cole a cargo de Érica González, ofrecido pola editorial Santillana. 👏

domingo, 19 de junio de 2022

CONCURSO DE LETTERING

 Esta semana, os/as compañeiros/as de 6º propuxéronnos participar nun concurso de lettering. Moitas grazas por compartir con nós as vosas destrezas cos rotuladores. 

Encantounos a vosa iniciativa!👏




LEO LEÍÑO

miércoles, 15 de junio de 2022

MAÑÁ... MAXIA!

 Mañá desfrutaremos dunha nova actuación de maxia grazas á Biblioteca Municipal da Capela. Alí estaremos sen falta!👏

miércoles, 8 de junio de 2022

CUSCO QUERE SABER...

 Ola!

Vai rematando o curso e polo tanto, tamén as actividades da biblioteca deste ano. Agardo que levedes un bo recordo delas e que aprenderades moito.

Para coñecer mellor aínda a vosa opinión, pídovos un pequeno favor: cubride estas enquisas que vos achego. Os máis peques do cole posiblemente necesitaredes a axuda dos vosos profes (podedes ila cubrindo entre todos). 

Son moi parecidas ás do curso pasado, non vos levará moito tempo.😉

Moitas grazas pola vosa colaboración! 

Cusco 🐭

ENQUISA PARA O ALUMNADO                        ENQUISA PARA O PROFESORADO

lunes, 6 de junio de 2022

IMPRIMINDO EN 3D

Ola compis!

Xa vin que estes días comezastes a argallar con ese aparello que vos deixei na biblio xa hai unhas semaniñas, impresora 3D

Que vos pareceu a primeira toma de contacto para ver como funciona? E como vos foi co programa de deseño? Polo que puiden ver eu, non se vos dá nada mal! Aínda que as primeiras figuriñas que imprimimos non son de colleita propia, seguro que nos sairá algún deseño 👌. Lembrade que podedes practicar nas vosas casas co DOODLE3D (fai clic).

Cusco, 🐭 







sábado, 4 de junio de 2022

DÍA DO MEDIO AMBIENTE - 5 DE XUÑO

No universo hai miles de millóns de galaxias, 
na nosa galaxia hai miles de millóns de estrelas
pero só hai un planeta Terra. 
#UnhaSoaTerra  (campaña Nacións Unidas)