martes, 28 de noviembre de 2023

25N: Obradoiros en favor da igualdade.

 O pasado venres 24 de novembro e tamén co motivo da conmemoración do 25N (Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres), tiveron lugar ao longo da xornada lectiva diferentes obradoiros destinados aos diferentes ciclos educativos. A continuación vos deixamos un pequeno resumo coas imaxes do día.

EDUCACION INFANTIL: CONTACONTOS POLA IGUALDADE + MANICURA DE CORES


1º CICLO DE PRIMARIA: CONTACONTOS + MANUALIDADE "LENTES DE CORES"


2º CICLO DE PRIMARIA: SCAPEROOM

O alumnado de 3º e 4º de EP, a través deste xogo de busca de estratexias para a resolución de retos, coñeceron algunhas personalidades que axudaron no camiño pola igualdade.


3º CICLO DE PRIMARIA: PASAPALABRA SOBRE A IGUALDADE



Ao remate da xornada, tanto o profesorado como o alumnado do cole foi agasallado cunha fermosa bolsa que contiña unha botella e unha libreta coa mensaxe de "A CAPELA SUMA, CADA MULLER SUMA".


Aproveitamos este espazo para agradecer ao Concello da Capela por facer posible levar a cabo este tipo de iniciativas.





O Teatro ven ao cole: "Travesía Unicornio"

 O pasado xoves 23 de novembro e co motivo da conmemoración do 25N (Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres), a compañía dramática "Teatro dos Ghazafelhos" veu ao cole para representar unha das súas obras, coñecida baixo o título de "Travesía Unicornio".


Ao longo da mesma, invítanos a reflexionar sobre si é igual de válido un xenio e unha xenia, así como o dereito a que cada quen sexa o que queira ser sen deixarnos influír polos roles preestablecidos na sociedade.


Todas as nenas e nenos disfrutaron moitísimo coa obra, e por iso nos gustaría aproveitar este espazo para amosar o noso máis sinceiro agradecemento á compañía dramática Teatro dos Ghazafelhos, por xogar un papel tan importante na contribución, desde o campo do arte,  á transmisión de valores como a igualdade, a tolerancia, o respecto, e en definitiva á mellora da sociedade na que vivimos.


Obradoiro de xogos

 As mestras Alba e Sandra, coa sempre benvida axuda do alumnado de 6º curso de EP, plantexaron e desenvolveron un obradoiro de xogos de mesa que foi levado a cabo durante a semana do 13 de novembro. Cada día desa semana destinouse á aplicación desta dinámica nun dos diferentes cursos de EI e EP.

Con este tipo de iniciativas e a través dos diferentes xogos plantexados, conseguimos traballar diferentes aspectos relevantes como a memoria, a atención, a aceptación de normas e regras, o aprendizaxe entre iguais, etc.






lunes, 13 de noviembre de 2023

Día do peón.

 Un ano máis celebramos o día do peón no cole, e... que ben o pasamos!, comezamos ca lectura do pregón a cargo do alumnado de 6º, continuamos ca tradicional canción e baile conxunto "Fago o camiño" despois tocou lanzamento conxunto de peóns e para rematar un anaco de diversión con xogos tradicionais nos que os nenos e nenas de 5º foron os expertos.

Tamén decoramos peóns que intercambiamos co colexio de Cabanas!











martes, 7 de noviembre de 2023

Visítanos a Escola de Música

O pasado venres 3 de novembro, o persoal da Escola de Música da Capela veu visitarnos co obxectivo de achegar ás nenas e nenos o interese e a paixón pola música e a aprendizaxe da mesma. 

Dous dos profes que na actualidade ensinan na Escola de Música, fixeron varias demostracións e tocaron diversos instrumentos como a gaita, o acordeón, as congas ou a batería.

Grazas ao talento, a simpatía e o bo facer destes profes, o alumnado disfrutou moito coa visita e moitos quedaron con ganas de máis. Unha das claves foi que en todo momento as rapazas e os rapaces participaron activamente acompañando a música producida polos profes e máis por antigos alumnos da escola (que aínda lembraban moi ben como tocar, por exemplo, a batería).

Todo aquel que quixo, tivo a oportunidade de acompañar facendo ritmo con instrumentos que se foron repartindo: baquetas, pandeiros, claves, tamboriles, bombos ou mesmo con palmas.


Dende a Escola de Música da Capela, abren as súas portas a todas ás nenas e os nenos do cole que estén interesados en aprender a tocar calquera tipo de instrumento!!



sábado, 4 de noviembre de 2023

Un día moi especial

O pasado martes 31 de outubro, as nenas e os nenos entraban pola porta do cole dun xeito moi diferente ao habitual. Con todo o cole decorado e as cabazas expostas, chegaba o día de celebrar o Samaín, así que en lugar de nenas e nenos, comezamos a recibir bruxas, esqueletos, vampiros, bonecas diabólicas e unha morea de alumnos/as disfrazados e dispostos a pasar un día divertido e diferente.

Ata o tempo de recreo, a xornada lectiva estivo dentro da normalidade. Ás 12:00, todos baixaron ao recreo cunha cestiña feita con papel de periódico que despois foron enchidas coas castañas que con todo o cariño se asaron na cociña do comedor do cole. Foron un éxito e os nenos puideron degustar unha merenda diferente e moi típica do outono galego.

Unha vez rematado o recreo, no mesmo pavillón organizáronse unha serie de divertidos xogos (empregando castañas) dispostos en estacións para que os distintos ciclos foran rotando e disfrutando da práctica de cada un deles: a Mariola, o Castañacesto, a Bomba, Carreiras de relevos...

Neste tempo de xogo, fíxose un pequeno descanso para nomear aos finalistas do concurso de cabazas, que recibiron unha bolsiña con agasallos relacionados co Samaín e máis un diploma. 

Unha vez nas aulas e antes do remate da xornada, todos aqueles/as que participaron no concurso de cabazas foron tamén premiados cun diploma e un lápiz temático.

Deixamos nesta entrada do blog un vídeo resumo deste día diferente. Unha aperta! 




Concurso de slogans de animación á lectura

Con motivo do día das bibliotecas escolares e a apertura das bibliotecas do centro, o alumnado participou no concurso de slogans de animación á lectura promovido polo equipo de biblioteca.


Partindo dunha plantilla común que só constaba dun marco e un pequeno Cusco na marxe inferior esquerda, os/as participantes tiñan que elixir un dos catro modelos de globo que se lles ofreceu para diseñar unha viñeta de cómic onde escribir o seu slongan. 

De seguido publicamos os finalistas de cada ciclo, dos cales sairá o gañador, cuxo traballo será publicado no tríptico de Nadal.

Educación Infantil

1º Ciclo de EP

3º curso de EP

4º curso de EP

5º curso de EP

6º curso de EP


Moitísimas grazas a todas e todos pola vosa participación e esforzo!