lunes, 30 de marzo de 2020

BIBLIOTECA CREATIVA: TRABALLANDO COA CIENCIA

Compartimos con vós este vídeo esperando que vos axude a entretervos un anaquiño vendo estes experimentos tan divertidos.



LIBROS DE BALDE DURANTE A CORENTENA

Nos seguintes enlaces tedes acceso a diferentes libros en formato dixital que ofrecen distintas plataformas neste período de corentena.

A Xunta facilita as condicións de acceso á plataforma GaliciaLe que ofrece máis de 4500 títulos de libros, revistas ou películas: GaliciaLe: Plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das Bibliotecas Públicas Galegas.


- OLGA DE DIOS: Permite a descarga de tres dos seus libros: LEOTOLDA, EN FAMILIA e PÁJARO AMARILLO e de debuxos para colorear.

Esperamos que vos sirvan de axuda para entretervos nalgún momento.

 Ánimo... que xa queda menos!

sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA

Hoxe é o Día Mundial da Poesía. En 1998, a Organización Unesco, propuxo celebrar cada 21 de marzo esta conmemoración co propósito de fortalecer a cultura do noso planeta.

Para conmemorar este día compartimos convosco esta canción adicada á nosa Rosalía de Castro.

#euquedonacasa