miércoles, 30 de marzo de 2011

Sesión de contos con 5º

Na hora da lectura do mes de xaneiro os alumnos de 5º representaron o conto de "Papelín vence a Don Señorón".










¡Mirade que atento está o público!

sábado, 19 de marzo de 2011

Día da Paz

O día 30 de xaneiro celebrouse como todos os anos o Día da Paz. O equipo da biblioteca tivo unha idea moi orixinal para facer un mural conmemorativo: cada curso tería que escoller un valor relacionado coa Paz para traballar en colaboración coas familias. Cada nen@ levou para casa un globo de papel para decorar e escribir o que cada familia quixese sobre o valor que lle correspondía. Cando todos os titores e titoras recolleron eses globos, o equipo da biblioteca os pegou nun mural de distintas cores dependendo do curso e do valor ao que facían referencia. Mirade o resultado:









viernes, 18 de marzo de 2011

Por Nadal un libro non está nada mal

No Nadal entregouse a cada nen@ un tríptico con libros recomendados por Concha Blanco, xa que esta escritora vainos facer unha visita no mes de abril.





Espero que os Reis Magos non esqueceran incluir un destes libros no voso lote de agasaios!!

martes, 15 de marzo de 2011

Gloria Fuertes

O pasado 27 de novembro cumplíronse 12 anos sen Gloria Fuertes, a poetisa dos nen@s. Quixemos rendirlle unha pequena homenaxe lembrando algúns dos seus fermosos poemas nos que explica como debuxar todo tipo de cousas.












Moitas gracias Gloria Fuertes!!

viernes, 11 de marzo de 2011

Sesión de contos dos alumn@s de 6º

Os alumnos e alumnas de 6º prepararon unha sesión de contos no recreo do comedor. Se todos se animan vaise convertir nunha tradición do noso colexio.


Foron catro contos moi entretidos: "Memorias dunha árbore", "A caixa máxica e o demo", "Lazarillo de Tormes" e "Colegio Monster".





O publico disfrutou e pasou un bo rato.


O profe Juan axudou aos seus alumnos a adaptar os contos.

miércoles, 2 de marzo de 2011

Contos de medo cos alumnos de 3º

Os nenos e nenas de 3º de primaria quixeron asustarnos con contos de medo polo Samaín. Por iso o voso amigo Cusco decorou a biblioteca para darlle un aire misterioso...





Que medo meten coas caras pintadas!!


Contaron coa axuda da profe Mar...











 Os espectadores disfrutaron moito e aplaudiron sen parar...