jueves, 25 de diciembre de 2025

Merry Xmas Everyone!

 

Despedimos o ano! Bo Nadal!

Foi unha celebración de Nadal completiña, non lle faltou de nada! Concerto de Pakolas, visita das familias, merendola, festival, visita dos Reis Magos... Non hai mellor maneira de despedir o ano e de saúdar ó que ven! Felices festas a todos e a todas!












martes, 2 de diciembre de 2025

Alados

Da man da nosa nova amiga Tamara, bióloga da asociación para a educación ambiental  "Alados Medioambiente", hoxe descubrimos moitas cousas interesantes sobre as aves nocturnas e a súa importancia na natureza e mesmo nas nosas vidas. Tamén investigamos que cousas comen e cales son os seus costumes, sons, etc. Foi unha actividade moi enriquecedora que nos achegou o departamento de Medio Ambiente da Diputación da Coruña.

 








martes, 25 de noviembre de 2025

Mural 25N

O 25 N reivindicamos a eliminación por completo de toda violencia contra a muller, provocada pola gran lacra que son o sistema patriarcal e o machismo. O alumnado realizou un mural onde as súas mans transformáronse nunhas ás que simbolizan a liberdade que todos e todas merecemos polo simple feito de existir.











viernes, 21 de noviembre de 2025

Saída a Coruña: Monte de San Pedro e Casa das Ciencias

 Excursión organizada polo Concello de A Capela






Saída ó centro de interpretación Caldoval

Visitamos o Centro de Interpretación de Caldoval en Mugardos, onde descubrimos un importante xacemento romano na enseada de Santa Lucía. Trátase dos únicos baños privados con palestra atopados no noroeste peninsular, parte dunha antiga vila romana habitada entre os séculos I e V d.C.A través da visita guiada coñecemos como vivían e como se coidaban e divertían os habitantes da Galicia romana.

jueves, 20 de noviembre de 2025

Visita Ana Meilán

 Polo Día Universal da Infantil (20 de novembro), visitounos Ana Meilán para deleitarnos cun contacontos da súa saga "Xertrudis". Moitas grazas á ANPA por facelo posible.