jueves, 28 de abril de 2022

CONTACONTOS - Acender a noite

Como nos gustaron as historias que nos contou Soledad Felloza!

Grazas unha vez máis á biblioteca municipal por convidarnos a esta actividade organizada polo Día do Libro.



DÍA DO LIBRO 2022 - Probamos a ser booktubers?

Pinchade nesta ligazón e poderedes coñecer algunhas das nosas lecturas favoritas:

DÍA DO LIBRO - BOOKTUBERS

Eu xa tomei nota das vosas recomendacións. A biblioteca escolar ten a palabra! 

Cusco, 🐭

viernes, 22 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO 2022 - Visita da autora Charo Pita

Hoxe foi unha xornada especial para a biblioteca de Cusco! Durante toda a mañá puidemos desfrutar da compañía de Charo Pita. 

Falamos con ela sobre as súas obras e sobre o seu traballo como narradora, escritora e contadora de contos. As súas historias, a súa cercanía e a súa forma de contar enseguida nos cautivaron. Ademais, asinou os nosos libros, con dedicatoria incluída.

Foi un pracer escoitarte, Charo. Sigue escribindo e narrando así.

Que teñades mañá un feliz día do libro! 📖





jueves, 21 de abril de 2022

CONTACONTOS: "Acender a noite"

Anotade na axenda! O vindeiro martes, 26 de abril, a Biblioteca Municipal da Capela convídanos a un xenial contacontos a cargo de Soledad Felloza: "Acender a noite".
🐭👏

Preparando o Día do Libro...

 Todo listo para recibir mañá a Charo Pita. Así de bonitiños quedaron o mural e maqueta inspirada nas personaxes das obras que lemos estes días: "Grazas", "No país do vento", "Andar aos biosbardos" e "Oxalá estiveses aí".







martes, 5 de abril de 2022

PRÓXIMAMENTE... DÍA DO LIBRO

 Achégase unha das datas máis sinaladas para as bibliotecas de todo o mundo: o Día Internacional do Libro

Para celebralo estou preparando un agasallo para vós. O día 22 de abril, virá ao noso cole a escritora, narradora, actriz e contacontos Charo Pita. 

Charlaremos con ela sobre o seu traballo e por suposto, sobre as obras que nos están acompañando nestas semanas durante o tempo de lectura. Será unha xornada moi especial!

Cusco, 🐭 


2 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO INFANTIL

Cartel de Julie Flett. Mensaxe de Richard Van Camp. IBBY

Cada 2 de abril conmemórase o Día do Libro Infantil, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, autor de contos clásicos como O parrulo feo, O soldadiño de chumbo, O traxe novo do emperador, A princesa e o chícharo, Polgarciña, A sereíña...

No noso cole medramos acompañados das historias que nos brindan os libros infantís e coidamos con agarimo o lugar onde viven. Por iso creamos estas vidreirias con personaxes infantís clásicos tan coloridas para a nosa biblio: