sábado, 26 de diciembre de 2020

CALENDARIO 2021: Por un planeta mellor

Fai xa uns aniños que moitos países se comprometeron a facer deste planeta un lugar mellor onde vivir. Para iso, marcaron na súa axenda varios obxectivos (se queres saber máis, entra aquí). 

No cole reflexionamos sobre o significado dalgúns deles e elaboramos uns estupendos carteis que van incluídos no calendario do ano 2021

Queremos poñer o noso gran de area para crear conciencia. 


domingo, 20 de diciembre de 2020

TRÍPTICO DE NADAL E RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS




Cusco está convencido de que esta selección de lecturas e música son ideais para os próximos días de inverno na casa. Botádelles un vistazo e lembrade que sería estupendo incluir algunha nos vosos desexos de Nadal! 🎄📖⛄ 

FESTIVAL DE NADAL 2020



 O Nadal xa chegou! Como o sabemos? Por que está á volta da esquina un dos eventos máis famosos do noso cole. Pásovos con Cusco para que vos conte máis detalles.


Avisados e avisadas quedades. Este será un momento único na vida, un espectáculo coma ningún outro onde animaremos este ano con bailes, cancións, idiomas, adiviñas, desexos e ata anuncios. Acompañados por suposto dos mellores presentadores que puidemos atopar: os nenos e nenas de 6º de Primaria. 

Aquí vos deixo o tráiler oficial para que vos vaiades mentalizando:



Podedes ver todo o festival dende a páxina web do cole (facede clic AQUÍ), dende o blogue da biblio  e por suposto dende a nosa canle de YouTube (buscade "Cusco A Capela").

Ide apuntando na axenda! MARTES DÍA 22 DE DECEMBRO ÁS 10 DA MAÑÁ! Non faltedes!





jueves, 3 de diciembre de 2020

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Grazas ao blogue "Burbullas de PT" por compartir con nós todos estes contos e curtametraxes. Nun día coma hoxe, reflexionamos desde o corazón e o respecto á diferenza. Lembrade: "A discapacidade é a capacidade extraordinaria de ser capaz". 

lunes, 30 de noviembre de 2020

FELLIZ DÍA DO PEÓN

 



Esta semana pasada tamén celebramos o DÍA DO PEÓN. Dicímoslle ben alto ao coronavirus: Non vas poder con nós! Como berran no anuncio do Gadis. E aquí estamos outro ano mantendo tradicións fermosas coma esta. E seguiremos! 

sábado, 28 de noviembre de 2020

25 N: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Graciñas rapazas e rapaces de 5º e 6º por achegarnos unhas lecturas tan interesantes relacionadas coa violencia e igualdade de xénero. Como dicían as vosas pulseiras: "Contra a violencia, palabras que agariman". 💜👏



viernes, 30 de octubre de 2020

SAMAÍN


Neste curso tan atípico da gusto ver que non perdemos as costumes. Seguimos a desfrutar dunhas boas castañas, seguimos a facer xogos con elas, seguimos a crear as nosas propias e únicas cabazas, seguimos a cantar e sobre todo con moito optimismo e alegría.











E por suposto tamén recollo aquí un vídeo que gravei hoxe destas fermosas e terroríficas cabazas que apareceron na herbiña na que xogo eu.


E mirade que ben quedaron nos marcapáxinas! Agardo que vos acompañen nas vosas lecturas favoritas.





 



lunes, 26 de octubre de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS



Agora aquí abaixo déixovos coas fotografías que quitamos hoxe. A verdade é que a mascarilla favorécenos moito, sobre todo a min! Un saúdo moi grande a todos e todas vós, aínda que non poidades vir ata a biblio tanto coma antes, eu si que podo ir ata as vosas clases tantas veces como sexan necesarias.

 




viernes, 23 de octubre de 2020

"The Fantastic Flying Books" of Mr. Morris Lessmore

Desfrutade desta preciosa curtametraxe. As bibliotecas sempre estarán ao noso carón, visitádeas e vivide as historias que os libros esconden. Feliz día! 


 

DÍA DAS BIBLIOTECAS: "A biblioteca, sempre ao teu carón"

Prestade moita atención ao que nos queren contar os nosos compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria. 


Lembrade: visitade a bilioteca de Cusco e descubriredes mundos fantásticos e marabillosos. 
NUNCA DEIXEDES DE LER, NUNCA DEIXEDES DE SOÑAR! 

Finalistas do CONCURSO-EXPOSICIÓN de SLOGANS DE ANIMACIÓN Á LECTURA

 

Grazas a todos/as por participar no tradicional concurso-exposición de slogans coas vosas xeniais creacións. Desde logo que animan a coller un libro! 

Velaquí os/as finalistas deste ano: 

4º de Infantil (3 anos): Tamara
5º de Infantil (4 anos): Nina
6º de Infantil (5 anos): Inés
1º EP: Naiara
2º EP: Lía
3º EP: Manuel
4º EP: Adrián
5º EP: Diego García
6º EP: Diego Montero

Noraboa! Lembrade que co tríptico do Nadal coñeceremos o/a gañador/a.


martes, 20 de octubre de 2020

CONTACONTOS: "Estrafalaria"


Este xoves 22 volveremos unha vez máis á casa da cultura para que Atenea García nos narre "Estrafalaria". Desta volta tocaralles a 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. 👏📖

viernes, 9 de octubre de 2020

CONTACONTOS: "Miña casa, meu lar"

Nuns días teremos a oportunidade de participar neste xenial contacontos da man de Caxoto. Nesta ocasión, os espectadores serán os/as compañeiros/as de Educación Infantil máis 1º e 2º de Educación Primaria. 👏📖

lunes, 5 de octubre de 2020

Primeira carta de Cusco!

Hoxe o noso amigo Cusco xa nos fixo chegar a primeira das cartas deste curso. Ademais de explicarnos as novas normas de uso da biblio, proponnos tamén a primeira das actividades para o vindeiro Día das Bibliotecas. Xa sabedes, creatividade ao poder! 💡🎨📖


 


martes, 22 de septiembre de 2020

"CONTOS PARA PASALO DE MEDO"

                                 

O vindeiro xoves, Carmen Domech conseguirá que as rapazas e rapaces de 4º, 5º e 6º o pasen de medo coas súas historias. 👏📖

sábado, 19 de septiembre de 2020

CONTACONTOS: "A verdadeira historia de Hammelim"



Aínda que cubertas polas máscaras, as risas escoitáronse en toda a sala. Así de ben o pasaron no espectáculo! 

jueves, 17 de septiembre de 2020

CONTACONTOS: "A verdadeira historia de Hammelim"


Mañá, 18 de setembro, o alumnado de 1º,2º e 3º de primaria iremos á Casa da Cultura para desfrutar desta interesante e divertida historia 📖👏


Ola compañeiras/os!

Que ganas tiña de que volvésedes ao colexio! Estaba un pouco triste sen vós, botaba de menos esas risas e conversas. Parece que este curso vai ser un pouco diferente, para empezar, todos levamos máscara de súper heroes! Gústavos a miña?  

As vosas mestras e mestres máis eu estamos a traballar para poder abrir a biblioteca o antes posible. Teredes noticias miñas axiña! 

lunes, 18 de mayo de 2020

Bailes e cancións - Letras Galegas 2020


                                       Dani 4º EP                                  Alicia 4º EP

viernes, 8 de mayo de 2020

17 de maio - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola a tod@s!

Como xa sabedes o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano adícanse a: Ricardo Carvalho Calero e, por suposto, non imos renunciar á gran festa das nosas letras. Mais, para que unha festa saia ben e sexa divertida, precisamos, escoller unha música adecuada.

Se queredes ao longo da vindeira semana podedes facer una gravación bailando e cantando unha canción en galego. Podedes gravarvos coa familia. Despois, enviádenos o vídeo a seguinte dirección de correo: ceip.mosteiro.caaveiro@edu.xunta.es 
Colgaremos todos os bailes e cancións no blogue da biblioteca.


Ademais tamén deixamos uns enlades para que indaguedes sobre o autor homenaxeado do Día das Letras Galegas 2020.

Trátase dun vídeo narrado coas voces dos alumn@s do Colexio San  Pío X (Ourense) e que conta a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero:

Por outra banda, no enlace http://aspitas.gal/  poderedes atopar en formato conto "As pitas baixo a choiva", música e unha unidade didáctica.

Alén disto, deixamos uns xogos de comprensión para repasar aspectos fundamentais do autor: 

Na páxina www.seminariogalan.org poderedes atopar actividades interactivas sobre Ricardo Carvalho Calero, actividades en PDF, cartel, exposición e cuestionario, marcapáxinas, biografía, fotos, vídeo...

E por último engadimos actividades para os diferentes niveis que podedes facer online e en familia.

Como actividade introductoria podedes ver un trailer sobre a biografía de Carvalho Calero:

- Educación Infantil:
- 1º e 2º de EP:
- 3º e 4º de EP:
- 5º e 6º de EP:

Esperamos con ilusión que nos enviedes eses vídeos cheos de danzas e cantarigas.

Un súper saúdo amig@s

miércoles, 22 de abril de 2020

23 de abril: DÍA DO LIBRO

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional editou un díptico para conmemorar este día, recurrindo ao xornalista e divulgador da cultura galega Manuel Gago.

        ENLACE AO DÍPTICO


CARTA DE CUSCO

Ola nenas e nenos! Que tal estades??


Como xa sabedes, o 23 de abril, conmemórase o DÍA DO LIBRO así que déixovos uns contiños para que poidades visualizar coas vosas familias e tamén unhas actividades Lim para que coñezades mellor quen é Don Quijote de la Mancha.

Ahhhh! Mañá, día 24 de Abril, sairá publicado neste blogue da biblioteca o gañador do marcapáxinas. Que por certo, teño que recoñecer que son ben bonitos!!!!!

Moitas grazas por participar e sobre todo por ler estas palabriñas do voso ratiño Cusco.

Moitos bicos a tod@s amig@s.

Cusco



CONTOS DE PINTO & CHINTO


 

ACTIVIDADES LIM SOBRE DON QUIJOTE

Antes de facer os xogos, podedes ver no seguinte vídeo un repaso da súa vida:



miércoles, 8 de abril de 2020

CUSCO COMEZA A RECIBIR MARCAPÁXINAS...

  CELTIA 5º EP                      HUGO 2º EP         CELIA 1º EP         MANU 2º EP
           ANTÓN  6º EI                     YAIZA 6º EP                   ADRI 2º EP      CARLA 5º EP      
              YAIZA 6º EI                            AINARA 2º EP                              THIAGO 6º EI   
 
              XOEL 6º EI                      LÍA  1º EP                        HUGO 4º EI                
      ICÍA 6º EI              ANDREA 2º EP    XANDRE 1º EP      SARA 3º EP