lunes, 23 de febrero de 2026
miércoles, 18 de febrero de 2026
viernes, 13 de febrero de 2026
Contacontos "Un agasaio para Lilí" dos Ratiños de Lonxedetodo
Antes de comezar coa festa do Entroido, visitou a Cusco outro ratiño de biblioteca... quizáis o ratiño de biblioteca máis famoso de toda a contorna: Fuco! A ANPA chamouno para que nos cantase (acompañado do seu acordeón), para que nos contase unhas historias marabillosas ("Non deixes que a pomba conduza o autobús", "Alex e o rato de corda" entre outros) e para facernos rir a cachón.
Grazas Fuco por vir dende Lonxedetodo a vernos nun día tan especial.
Festival de Entroido
Este ano disfrazámonos dos Entroidos tradicionais galegos. Levou moitro traballiño e o resultado non puido ser máis satisfactorio. O alumnado de sexto de primaria deleitounos co anual xuizo do Meco, que o pobre acabou sentenciado fatalmente coma sempre.
viernes, 6 de febrero de 2026
Primeiros auxilios
Esta semana recibimos no noso centro a visita do persoal do centro de saúde do concello da Capela, que nos ofreceu unha charla e un taller práctico moi interesante, adaptado ao alumnado. Contamos coa presenza das doutoras Patricia Martínez, Ágata Vázquez e Maurenis Alonso, que nos explicaron como actuar en caso de emerxencia e o funcionamento do 112. Aprendemos a colocar a unha persoa na posición de seguridade, a pedir axuda correctamente e coñecemos a respiración cardiopulmonar (RCP). Foi unha xornada moi enriquecedora na que o alumnado aprendeu de maneira activa e moi útil para a vida cotiá.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









