martes, 22 de febrero de 2011

Préstamo de libros

A biblioteca de Cusco abre todos os días da semana. Cada curso ten un día asignado para baixar co seu titor ou titora e seleccionar os libros que queren levar para casa. Cando collemos un libro temos que colocar o noso tarxetón da cor correspondente no sitio do libro, e o profe que nos acompaña ten que tomar nota do préstamo no Libro de Rexistro da Biblioteca. Deste xeito os libros non cambian de sitio e tamén sabemos que neno ou nena ten cada libro en todo momento.




Por outra banda, podemos ir á biblioteca no recreo da tarde todos os días agás o mércores. Para ler un libro aquí, simplemente temos que poñer o noso tarxetón branco no sitio do libro que queramos ler. Penso que a estas alturas non fai falla que vos lembre que na biblioteca non podemos xogar nin berrar. Tampouco podemos andar entrando e saíndo, porque molestamos á xente que está a ler.



Biquiños de queixo!

sábado, 19 de febrero de 2011

A nova biblioteca




Despois de moito esforzo e traballo, a biblioteca abriu as portas para que todos os nenos e nenas da Capela puidesen disfrutar dun rincón máxico no que as aventuras saen dos libros e mistúranse coa realidade.





A vella biblioteca

A nosa biblioteca non foi sempre como a coñecedes hoxe. Nestas fotos podedes ver como era hai uns anos.


Non vos parece un pouco aburrida? O mesmo pensaron os profes encargados da biblioteca. Por iso decidiron facer un grupo de traballo para poder organizar a biblioteca e darlle un aspecto que lles gustara aos nenos e nenas do colexio.

martes, 15 de febrero de 2011

O blog de Cusco

Ola nenos e nenas! Son Cusco, o rato que vive na biblioteca do cole da Capela. Hoxe comezo a escribir este blog para que esteades ao tanto de todo o que acontece neste sitio máxico cheo de libros e de aventuras. Non esquezades facerme unha visita de vez en cando para ler ou para coñecer as novidades.
Biquiños de queixo!