martes, 10 de marzo de 2026
Radio na biblio
O profesorado do centro está a participar nunha interesante formación de radio no marco do programa Radio na Biblio, integrada dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado.
Nesta experiencia práctica achegámonos ao mundo da comunicación e da creación de contidos radiofónicos para poder aplicalos despois na aula co noso alumnado. Contamos coa guía de formadores especializados como Isidoro Valerio, que nos está a axudar a descubrir novas ferramentas e posibilidades pedagóxicas a través da radio escolar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario