miércoles, 29 de septiembre de 2021

ACTUACIÓN: Dámoslle a volta ao conto!

Os contos non son sempre como nolos contaron. Existen os "contracontos", versións pouco coñecidas onde os protagonistas rompen cos estereotipos: princesas valentes, "belos" durmintes, cincentos... 

Acertixos, bailes, humor e moito conto que dá que pensar. Grazas, Queliña!




martes, 28 de septiembre de 2021

ACTUACIÓN "Dámoslle volta ao conto!"

Mañá, 29 de setembro, volveremos á Casa da Cultura para encontrarnos con Raquel Queizás. Estamos desexando oír, ver e desfrutar do contacontos que nos ten preparado! 👏 📖

jueves, 23 de septiembre de 2021

ACTUACIÓN: Maxia divertida 3.0

Risas, aplausos e moita maxia. Grazas ao Mago Paco e á Biblioteca Municipal por esta divertida mañá. Xa nos tarda repetir! 😉👏




sábado, 18 de septiembre de 2021

ACTUACIÓN: Maxia divertida 3.0

Atentas e atentos! Achégase a primeira das invitacións da nosa benquerida biblioteca municipal. O vindeiro xoves, 23 de setembro, desfrutaremos dunha actuación de maxia a cargo do Mago Paco. Que ben! 👏💥

viernes, 10 de septiembre de 2021

Comezamos!

Ola compañeiras/os!

Agardamos que veñades con alegría, enerxía e ganas de aprender, tanto ou máis que o ano pasado. Axiña teredes novas miñas desde a biblio, pero antes debo organizar unhas cantas cousas para poñelo todo a punto. 

Grazas por estas follas tan bonitiñas, agradécese a sombra😉

Desexámosvos un bo curso 2021 - 2022!