miércoles, 29 de abril de 2026

Preparando a radio na biblio...

 A nosa conserxe Montse leva pintando arreo para a que será a futura radio (e 2º biblioteca) do cole. Que ganas de vela lista! Grazas Montse!





martes, 28 de abril de 2026

Mercadillo Cusco para a viaxe de Fin de Curso

 O alumnado de 3º ciclo preparou un Mercadillo para vender as cousiñas que fixemos entre todos e todas no centro e así poder aforrar uns cartiños na viaxe de fin de curso! Foi todo un éxito!










Casa da cultura: contacontos "Raposadas" de Raquel Queizás

Convidados/as pola Biblioteca Municipal da Capela


 

jueves, 23 de abril de 2026

Día do libro: Jose Antonio Abad Varela

Polo Día do Libro visitounos o autor José Antonio Abad Varela, que nos levou de viaxe polos planetas e os seus sons, transmitiunos o poder da música para representar a realidade e as emocións e presentounos ó simpático Osiño Chispa. Os nenos e nenas sorprendérono cun fermoso mural e un audioconto impresionante! Grazas por vir!





 

lunes, 20 de abril de 2026

Preparando o Mercadillo de Cusco para a viaxe de fin de curso!

 O alumnado e profesorado puxénronse mans a obra para realizar productos artesanais para recaudar fondos para a viaxe de fin de curso do 3º ciclo. Chaveiros, imáns, estoxos e bolsas están sendo preparadas con moito mimo e dedicación para que dentro de nada todos e todas poidades conseguir as vosas pezas favoritas!









miércoles, 15 de abril de 2026

Mural Enki

Hai moitas maneiras de comunicarse, e dende ENKI querían que os nenos e nenas se achegasen á realidade das persoas que precisan da lingua de signos para relacionarse, así coma outros recursos adaptados nos que habitualmente a xente sen discapacidade non repara. Aprenderon a signar o seu nome e algunhas palabras e expresións habituais. Para rematar, realizaron un mural co alfabeto na lingua de signos para seguir practicando e non esquencernos! Mil grazas pola visita!




viernes, 10 de abril de 2026

Visita dentista

 A nosa nova amiga, a odontopediatra Lucía Villar falounos da importancia do coidado diario dos nosos dentes. Explicounos cal é a mellor maneira de coidalos para ter un bonito sorriso e, sobre todo, unha boa saúde bucodental. A verdade é que a maioría dos consellos que nos deu xa os sabiamos, pero outros non e agora somos máis conscientes da importancia de coidar moi ben as nosas pezas dentais. Esperamos que non se nos esqueza...  😁😁😁