martes, 26 de mayo de 2026

Podcasts do obradorio con Damián Alonso

 

Chegou o bo tempo! A biblio sae ó exterior!

Este xoves, aproveitando que brillaba o sol, os/as axudantes de Cusco de 5º e 6º sacaron ó exterior, durante o recreo, tres caixas moi especiais: a caixa creativa, a caixa de xogos e a caixa de libros.

Este curso non foi posible disfrutar tanto do recreo na biblio durante os meses de mal tempo por cuestións organizativas, e agora que chega o bo tempo os nenos e nenas precisan sair a que lles de o aire, o sol... Así que se eles e elas non van á biblio, a biblio vai a eles e a elas!

Nesta primeira proba, o kit de creación de pulseiras foi un éxito. Calqueira suxerencia sobre xogos favoritos, libros, ou actividades creativas é máis que benvida! 















jueves, 7 de mayo de 2026

Formación de radio con Damián Alonso

Onte visitounos Damián Alonso, profesional da dobraxe e partícipe de Escolas nas Ondas. Tiñamos moitas ganas de que chegara este día e que o alumnado puidese estrear a radio da man dun gran profesional e profesor. Foi unha mañá moi entretida adicada a aprender de principio a fin como se crea e se grava un pequeno podcast: idea, guión, escaleta, locución (e técnicas de proxección e modulación da voz), gravación e creación do arquivo final.

Moitísimas grazas Damián por este obradoiro tan marabilloso! Esperamos darlle moito uso a Radio Cusco :)

























miércoles, 6 de mayo de 2026

Apadriñamentos lectores: mes de Abril.

 Unha lectura compartida é unha ledicia, e máis se a podemos realizar ó aire libre. Os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo escolleron e prepararon un conto para o/a seu/súa apadriñado/a. A ilusión dos maiores por compartir unha historia e a alegría dos pequenos de escoitala. Repetiremos!






Estreamos radio na biblio!

 Xusto a tempo para a formación de radio do alumnado, a Radio Cusco abre as súas portas! A continuación hai que poñer a sala aínda máis bonita, más chea de obxetos creativos, experiencias e vivencias. Que gana de pasar tempo neste rinconciño da escola!