martes, 30 de noviembre de 2021

NOVEMBRO - Mes da Ciencia en Galego na biblioteca escolar

 A biblioteca de Cusco encheuse de ciencia nestas últimas semanas. Preparamos un experimentos con material "caseiro", moi faciliños, pero cos que aprendemos moito sobre o comportamento da auga, a presión do aire, as densidades e sobre sinxelas reaccións químicas.

Igual que no curso pasado, botamos mans das tablets e dos código QR para descubrir o traballo das compañeiras e compañeiros.





jueves, 25 de noviembre de 2021

25 N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A nosa árbore simboliza os nosos desexos dunha sociedade respectuosa coas diferenzas e sobre todo, o noso rexeitamento a calquera forma de violencia. Porque todas e todos somos iguais en dereitos!

Estefanía Padullés achegounos ao mundo da ilustración desde unha perspectiva de respecto á igualdade de xénero. 

Nos obradoiros demostramos as nosas aptitudes para o debuxo, ou polo menos, intentámolo 😅. Pola súa parte, os máis pequenos desfrutaron do conto de "A manchas ou a raias?", narrado pola súa propia autora e ilustradora. Como recordo, quédannos tres magníficos murais coas súas creacións. 

Grazas ao Concello de A Capela por convidarnos a esta actividade. 💜









domingo, 21 de noviembre de 2021

PROXIMAMENTE, NA BIBLIOTECA DE CUSCO...

  O vindeiro xoves, 25 de novembro, visitaranos a escritora e ilustradora Estefanía Padullés.

Autora de libros como "Leopoldo, o pequeno monstro", "Un mundo para Maruxa" ou "A manchas e a raias" entre outros, as súas obras están cheas de mensaxes en defensa da igualdade de dereitos e o respecto á diferenza. 

Da súa man, o alumnado de infantil desfrutará do xenial contacontos dunha das súas obras e o de primaria participará nun obradoiro de ilustración creativa. 


jueves, 4 de noviembre de 2021

CHEGOU A MALETA VIAXEIRA!

 Ata final de mes teredes á vosa disposición na biblioteca 2 esta maleta viaxeira ("viaxeira" porque vai pasando por moitos centros da comarca). Vén ateigada de libros de banda deseñada, algúns dos cales xa os temos, pero tamén con moitas novidades. Agardo que vos guste, porque sei de primeira man que os cómics son unha das vosas eleccións preferidas na biblio.

Disfrutade dela!

Cusco.🐭

miércoles, 3 de noviembre de 2021

BIBLIOTECA INCLUSIVA: "Pictografiando" o colexio

 O uso dos pictogramas axúdanos a todos e todas a comprender mellor a nosa contorna. Esta semana, aprendemos sobre eles e comezamos a sinalizar os espazos de uso de común do colexio.






Ademais, coñecemos os recursos do ARASAAC, onde puidemos ver moitos outros exemplos de pictos.

¡Na Capela queremos un colexio accesible para todos e todas!