Onte visitounos Damián Alonso, profesional da dobraxe e partícipe de Escolas nas Ondas. Tiñamos moitas ganas de que chegara este día e que o alumnado puidese estrear a radio da man dun gran profesional e profesor. Foi unha mañá moi entretida adicada a aprender de principio a fin como se crea e se grava un pequeno podcast: idea, guión, escaleta, locución (e técnicas de proxección e modulación da voz), gravación e creación do arquivo final.
Moitísimas grazas Damián por este obradoiro tan marabilloso! Esperamos darlle moito uso a Radio Cusco :)







