martes, 9 de junio de 2026
PDI Capelarte: reinterpretación dunha obra
Traballando o arte contemporáneo, preguntámonos que significa reinterpretar unha obra, que é copia e que é inspiración. Tras ver diferentes exemplos, puxéronse mans á obra para darlle unha volta á obra "O fillo do home" de René Magritte.
PDI Capelarte: pinturas rupestres
O alumnado do 1º ciclo de EP reproduciu unhas pinturas rupestres dentro do proxecto de centro Capelarte. Están xa en proceso de crear a súa propia cova!
PDI Capelarte: Maruja Mallo
Os alumnos e alumnas de 3º de primaria están a preparar un mega lapbook sobre Maruja Mallo, unha pintora surrealista galega referente da Xeración do 27, a primeira en representar a muller moderna, activa, libre e profesional. Parabéns polo traballo, desexando ver o resultado final!
"Coidemos o Planeta" - a maqueta de Tamara
A nosa alumna Tamara fixo xunto a súa familia esta marabillosa maqueta, na que nos ensinou a todos e a todas como funciona unha placa fotovoltáica. Vaia chulada Tamara, mil grazas!
Os mariscos da nosa ría - Cofradía de Barallobre
A Cofradía de Barallobre achegouse ó cole para explicarlles ós pequenos e pequenas de infantil e 1º ciclo as tipoloxías de marisco da nosa ría e en que consiste o seu traballo. Moitas grazas!
Sailing
O alumnado de 3º e 4º gravou a canción de Sailing de Rod Stewart para traballar o present continuous en inglés. Quedoulles ben bonita, non?
lunes, 8 de junio de 2026
O regreso das mochilas viaxeiras
Xa van regresando á biblio de Cusco as mochilas viaxeiras tras o seu periplo, cheas de recordos no diario e de historias que acompañaron ó alumnado durante este curso. Ata o curso que ven!
viernes, 29 de mayo de 2026
jueves, 28 de mayo de 2026
martes, 26 de mayo de 2026
Chegou o bo tempo! A biblio sae ó exterior!
Este xoves, aproveitando que brillaba o sol, os/as axudantes de Cusco de 5º e 6º sacaron ó exterior, durante o recreo, tres caixas moi especiais: a caixa creativa, a caixa de xogos e a caixa de libros.
Este curso non foi posible disfrutar tanto do recreo na biblio durante os meses de mal tempo por cuestións organizativas, e agora que chega o bo tempo os nenos e nenas precisan sair a que lles de o aire, o sol... Así que se eles e elas non van á biblio, a biblio vai a eles e a elas!
Nesta primeira proba, o kit de creación de pulseiras foi un éxito. Calqueira suxerencia sobre xogos favoritos, libros, ou actividades creativas é máis que benvida!

































