lunes, 30 de enero de 2023

 COIDAMOS A NOSA CONTORNA

Dende o centro estamos a realizar obradoiros de sensibilización medioambiental co alumnado, onde estamos a aprender os coñecementos necesarios para poñer en marcha o noso composteiro escolar.

Estes talleres están organizados por Euroeume, plataforma que ten en marcha un proxecto de promoción de prácticas agrarias respectuosas co medio ambiente. Tamén queren facer conciencia da importancia dunha xestión de residuos máis ecolóxica para xerar menos residuos e reciclar e reusar correctamente.

Queremos dar as gracias a Ángel por vir o pasado venres ó cole e ensinarnos como ser máis responsables co medio ambiente.

Deixamos aquí algunhas imaxes dos obradoiros:

domingo, 15 de enero de 2023

 OBRADOIRO AMBIENTAL - PROGRAMA "NATURÉZATE"

O pasado venres o alumnado de primaria asistiu a unhas charlas informativas sobre a fauna e flora das Fragas do Eume, onde houbo tamén espazo para reflexionar sobre o que podemos facer para coidalas. 

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto do cole "Coñece a túa contorna". O obradoiro estivo dirixido por Fran, educador ambiental do programa "Naturézate" da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta.

Despois amosamos as nosas dotes de artistas decorando bolsiñas de tea con follas estampadas, todo proporcionado por Fran. Queremos darlle as grazas por vir a pasar a mañá con nós e ensinarnos tantas cousas tan interesantes.

Pasámolo xenial!


 A MALETA CLIMÁTICA

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), pon a disposición de todos os centros educativos unha colección de libros informativos e ilustrados sobre temática de emerxencia climática. 

O obxectivo das maletas é concienciar ó alumnado sobre a o cambio climático e a súa problemática, sendo tamén un excelente recurso complementario ao traballo desenvolvido nas aulas. 

A maleta estará un mes no cole, polo que o alumnado poderá disfrutar dela durante este tempo.