Mostrando entradas con la etiqueta diadolibro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta diadolibro. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de abril de 2026

Día do libro: Jose Antonio Abad Varela

Polo Día do Libro visitounos o autor José Antonio Abad Varela, que nos levou de viaxe polos planetas e os seus sons, transmitiunos o poder da música para representar a realidade e as emocións e presentounos ó simpático Osiño Chispa. Os nenos e nenas sorprendérono cun fermoso mural e un audioconto impresionante! Grazas por vir!





 

martes, 13 de mayo de 2025

Antonia Carballeira... eh... non! Perdón! PAULA CARBALLEIRA!

Visita Paula Carballeira


QUE BEN O PASAMOS. PERO QUE BEN!

Coma era unha visita moi especial, os nenos e nenas prepararon unha sorpresa para Paula: unha obra de teatro baseada nos seus libros. Coma non era posible representala en directo, grabárona e estreámola ó final da visita.



Paula, eres benvida sempre que queiras! E a ver se os segredos que nos contaches non se espallan por todo Maniños...

jueves, 8 de mayo de 2025

Case todo preparado para recibir a Paula Carballeira!

 Estamos traballando nos últimos detalles para a chegada de Paula... polo momento, este é o seu rinconciño no noso cole, onde podemos atopar unha selección das súas obras.

Que ganas de que chegue o luns!

viernes, 25 de abril de 2025

Día do libro: o meu libro favorito

Non sabes que ler? O noso alumnado fixo unha escolla dos seus libros favoritos. Para que cada quen saiba cal escoller coma próxima lectura, engadiron unhas palabras clave e ilustraron a portada. 

Deixámosvos neste carrusel uns exemplos.

Boa lectura!


jueves, 24 de abril de 2025

Día do libro: contacontos Leo Leiño

Polo día do libro, asistimos a un espectáculo cheo de maxia e literatura da man de Leo Leiño, organizada pola Biblioteca Pública do Concello da Capela. Dúas meigas moi simpáticas fixéronnos un percorrido por diferentes libros clásicos, coma "O Principiño", "Alicia no país das maravillas", etc.

Que vivan os libros!


lunes, 24 de abril de 2023

Día do Libro


Celebramos este día coa visita da escritora Ana Meilán, quen realizou contacontos con todos os cursos do cole sobre os seus libros, ademais dun taller de escritura cos grupos de 5º e 6º. Queremos darlle as grazas por compartir unha mañá chea de historias preciosas, as cales lémbranos a maxia e a importancia da lectura. O seu traballo está feito con moito cariño e as súas historias divertíronnos un montón.

Os contos foron traballados previamente cos titores e titoras. Incluso a súa autora firmounos e adicounos a cada neno e nena que o trouxo!

En Educación Infantil limos "O aire do lobo Rigoberto", en 1º ciclo "As chaves dos soños", en 2º ciclo "Un universo na túa maleta" e no 3º ciclo "O que a serea esqueceu".

Sen dúbida, quédannos moitas viaxes pendentes. Así é como Ana describe a lectura, unha viaxe apaixoante onde para mercar o billete imos a unha librería a por outro libro. Fai referencia a isto en cada libro e ata deulle un pasaporte lector ao alumnado de 3º e 4º. Que sorte!

Deixámosvos algunhas imaxes deste día:




Tamén fixemos un precioso mural cos diferentes elementos e personaxes dos contos de Ana Meilán. Tanto o alumnado de infantil como o de primaria traballou moito. Mirade que bonito quedou!