Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de enero de 2026

Xornadas PLAMBE: biblioteca creativa

 As xornadas de biblioteca creativa sempre contan con ponencias moi interesantes, talleres marabillosos e experiencias de centros onde se aprecia o inmenso traballo, maioritariamente feito fóra das horas de traballo, que fan os mestres e as mestras cada día. Este ano asistimos ós talleres de Alouette Machine (estampación e imprenta) e de Bea Lema (narrativa e bordado).












martes, 28 de octubre de 2025

"Contos con xeito" de Bea Campos na Casa da Cultura

Bea Campos visitou a casa da Cultura e deleitounos con marabillosos contos coma unha nova versiónde Riciños de ouro, Cucú-tras cantado e O tío Lobo.. Moitas grazas a Bea e á Biblioteca Municipal da Capela por convidarnos!





jueves, 24 de abril de 2025

Día do libro: contacontos Leo Leiño

Polo día do libro, asistimos a un espectáculo cheo de maxia e literatura da man de Leo Leiño, organizada pola Biblioteca Pública do Concello da Capela. Dúas meigas moi simpáticas fixéronnos un percorrido por diferentes libros clásicos, coma "O Principiño", "Alicia no país das maravillas", etc.

Que vivan os libros!