Mostrando entradas con la etiqueta visita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visita. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de noviembre de 2025

Saída ó centro de interpretación Caldoval

Visitamos o Centro de Interpretación de Caldoval en Mugardos, onde descubrimos un importante xacemento romano na enseada de Santa Lucía. Trátase dos únicos baños privados con palestra atopados no noroeste peninsular, parte dunha antiga vila romana habitada entre os séculos I e V d.C.A través da visita guiada coñecemos como vivían e como se coidaban e divertían os habitantes da Galicia romana.

martes, 13 de mayo de 2025

Antonia Carballeira... eh... non! Perdón! PAULA CARBALLEIRA!

Visita Paula Carballeira


QUE BEN O PASAMOS. PERO QUE BEN!

Coma era unha visita moi especial, os nenos e nenas prepararon unha sorpresa para Paula: unha obra de teatro baseada nos seus libros. Coma non era posible representala en directo, grabárona e estreámola ó final da visita.



Paula, eres benvida sempre que queiras! E a ver se os segredos que nos contaches non se espallan por todo Maniños...

martes, 23 de abril de 2024

Recibimos a visita de Estefanía Padullés

 Como xa vos adiantamos nunha entrada anterior, o pasado venres 19 de abril recibimos no cole a visita da ilustradora e escritora catalana (residente en Galicia) Estefanía Padullés.

Coa fin de ambientar a xornada da visita e máis darlle un sentido e poñer en valor as producións en forma de "Booktrailer" que fixo o alumnado para os libros de Estefanía, o claustro preparou os rincóns que podedes observar na seguinte imaxe:

  • Unha pequena exposición coas obras da autora que temos na biblioteca do cole.
  • Uns fotogramas dos booktrailers que fixo o alumnado no formato dos antigos "negativos" das películas de cine.
  • Unha mesa onde 9 ordenadores portátiles reproducían de xeito cíclico cada un dos booktrailers.


Divididos en ciclos, xa que cada un deles liu un libro distinto, as nenas e nenos do cole foron baixando á aula de música (onde lles recibiría Estefanía) dende o comezo da xornada lectiva, a razón dunha hora por grupo respectando o tempo de recreo.


A parte de ensinarlles as ilustracións orixinais que acompañan as historias que conta nos libros que publica, fixo algunha demostración en directo da rapidez e a habilidade coa que fai os debuxos e máis adicou un tempo a asinar libro por libro cada un dos exemplares que tiñan os nenos de todos os cursos e tamén os da biblioteca escolar.

Dende o cole, aproveitamos este espazo para agradecer a Estefanía a súa visita e máis para desexarlle toda a sorte do mundo nas súas andanzas nunha profesión tan bonita como a de crear historias para o gozo e o lecer dos máis novos.

miércoles, 3 de abril de 2024

Agardando a visita de Estefanía Padullés

 O venres 19 de abril, teremos a honra de recibir no noso cole a especial visita de Estefanía Padullés.

Esta recoñecida ilustradora e escritora infantil naceu nunha pequena vila do norte de Barcelona, preto dos Pirineos. O seu vínculo con Galicia ten a súa orixe nos seus avós maternos, que eran galegos. Por iso pasaba parte dos veráns na súa aldea, preto dos animais e da natureza.

Estudou bioloxía en Barcelona e despois mudou a Almería, onde traballou nunha reserva zoolóxica entre outras cousas.

No ano 2012 trasladouse definitivamente a Galicia para cumprir o seu sono: ser ilustradora e escritora infantil e xuvenil. Dende entón, vive nunha aldea chamada Paradela, na provincia de Lugo.

Galicia e a sús contorna apórtanlle paz, tranquilidade e contacto coa natureza, o cal lle axuda moito a inspirarse. As historias que escribe son divertidas pero tamén emocionantes. As ilustracións son tenras e educativas.

Ela sempre di que o máis importante para que un autor ou autora poida transmitir, é que logre emocionarse coa súa propia obra, e ela é unha apaixonada deste mundo creativo, tanto literario como plástico.