Mostrando entradas con la etiqueta poloscreativos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poloscreativos. Mostrar todas las entradas

sábado, 7 de junio de 2025

Aprendemos a bordar


A importancia das actividades creativas e artísticas artesanáis para traballar a perseverencia, a paciencia, a relaxación, a motricidade fina, a atención... Nun bastidor podemos pintar con fío, coma faríamos co pincel nun papel. Os nenos e nenas están a desfrutar moito deste novo medio de creación, aínda que ensebar a agulla segue a darnos moitos quebradeiros de cabeza!








martes, 1 de abril de 2025

Introducción ó stop motion

Estivemos aprendendo un pouco sobre linguaxe audiovisual, e os nenos e nenas argallaron unhas pequenas animacións para poñer en práctica o aprendido. Aquí tedes unha mostra!





lunes, 10 de marzo de 2025

Isto non é unha caixa!

 A nosa compañeira Noe chegou de Italia cheiña de ideas. En Reggio Emilia ensináronlle o conto "Grandes Amigos" e moitos exemplos de como traballar doutro xeito. Argallou esta actividade:

- Unha habitación.

- Caixas e outros elementos de cartón.

- Teas e obxetos de refugallo.

- Ferramentas aptas para a cativada.

- Distintos focos de luz.

- Única norma: respetar aos compañeiros/as e o espazo.

Aquí tedes unha mostra do que pasa cando o alumnado síntese libre de facer e pensar, sen tanta guía por parte dos adultos!