Como xa vos adiantamos nunha entrada anterior, o pasado venres 19 de abril recibimos no cole a visita da ilustradora e escritora catalana (residente en Galicia) Estefanía Padullés.
Coa fin de ambientar a xornada da visita e máis darlle un sentido e poñer en valor as producións en forma de "Booktrailer" que fixo o alumnado para os libros de Estefanía, o claustro preparou os rincóns que podedes observar na seguinte imaxe:
- Unha pequena exposición coas obras da autora que temos na biblioteca do cole.
- Uns fotogramas dos booktrailers que fixo o alumnado no formato dos antigos "negativos" das películas de cine.
- Unha mesa onde 9 ordenadores portátiles reproducían de xeito cíclico cada un dos booktrailers.
A parte de ensinarlles as ilustracións orixinais que acompañan as historias que conta nos libros que publica, fixo algunha demostración en directo da rapidez e a habilidade coa que fai os debuxos e máis adicou un tempo a asinar libro por libro cada un dos exemplares que tiñan os nenos de todos os cursos e tamén os da biblioteca escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario