O pasado venres puidemos coñecer, a través dun conto teatralizado "A NENA DO VIOLINO E A POESÍA", todo o que fixo Luisa Villalta na súa curta vida.
Luisa era unha nena pegada ao seu violino, non podía
facer nada sen el. Ata que se atopou co seu primeiro
libro de poesía. A partir dese momento era a nena do
violino e a poesía.
Ao crecer empezou a atoparse con outras cousas,
como coa inxustiza. Luisa non quería ser a nena da
inxustiza, así que un día decidiu que cambiaría as
cousas...Grazas Rebeca, por facernos un percorrido tan divertido pola vida de Luisa.👏👏👏
No hay comentarios:
Publicar un comentario