viernes, 6 de febrero de 2026
Primeiros auxilios
Esta semana recibimos no noso centro a visita do persoal do centro de saúde do concello da Capela, que nos ofreceu unha charla e un taller práctico moi interesante, adaptado ao alumnado. Contamos coa presenza das doutoras Patricia Martínez, Ágata Vázquez e Maurenis Alonso, que nos explicaron como actuar en caso de emerxencia e o funcionamento do 112. Aprendemos a colocar a unha persoa na posición de seguridade, a pedir axuda correctamente e coñecemos a respiración cardiopulmonar (RCP). Foi unha xornada moi enriquecedora na que o alumnado aprendeu de maneira activa e moi útil para a vida cotiá.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario