Mostrando entradas con la etiqueta Fuco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fuco. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de febrero de 2026

Contacontos "Un agasaio para Lilí" dos Ratiños de Lonxedetodo


Antes de comezar coa festa do Entroido, visitou a Cusco outro ratiño de biblioteca... quizáis o ratiño de biblioteca máis famoso de toda a contorna: Fuco! A ANPA chamouno para que nos cantase (acompañado do seu acordeón), para que nos contase unhas historias marabillosas ("Non deixes que a pomba conduza o autobús", "Alex e o rato de corda" entre outros) e para facernos rir a cachón. 

Grazas Fuco por vir dende Lonxedetodo a vernos nun día tan especial.