martes, 1 de abril de 2025

Introducción ó stop motion

Estivemos aprendendo un pouco sobre linguaxe audiovisual, e os nenos e nenas argallaron unhas pequenas animacións para poñer en práctica o aprendido. Aquí tedes unha mostra!





lunes, 10 de marzo de 2025

Isto non é unha caixa!

 A nosa compañeira Noe chegou de Italia cheiña de ideas. En Reggio Emilia ensináronlle o conto "Grandes Amigos" e moitos exemplos de como traballar doutro xeito. Argallou esta actividade:

- Unha habitación.

- Caixas e outros elementos de cartón.

- Teas e obxetos de refugallo.

- Ferramentas aptas para a cativada.

- Distintos focos de luz.

- Única norma: respetar aos compañeiros/as e o espazo.

Aquí tedes unha mostra do que pasa cando o alumnado síntese libre de facer e pensar, sen tanta guía por parte dos adultos!


sábado, 1 de febrero de 2025

Recreos na biblio: actividades do mes de xaneiro

Tras unhas merecidas vacacións de Nadal, volvimos ó cole con ganas de celebrar máis eventos relevantes, neste caso o Día da Paz. Dende o equipo de biblioteca organizáronse dúas actividades relacionadas coa convivencia, o respeto ós demáis, a tolerancia... dende a mirada da Arte, que tanto nos axuda a expresar o que as veces costa tanto.

Aquí tedes o resumo mensual dos recreos na biblio!


Recreos na biblio: calendario de febreiro