martes, 30 de mayo de 2023

 ACTIVIDADE COOPERATIVA: EL BOSQUE QUE MÁS QUIERO

O alumnado de 5º de primaria foi de visita á aula de infantil para levar a cabo unha bonita actividade conxunta. 

Primeiro lles leron o conto "El bosque que más quiero" e despois realizaron unha manualidade con papeis de cores. A cada neno e nena de infantil se lle emparellou cun alumno ou alumna de 5º e xuntos e xuntas crearon unha árbore de papel decorada con flores. 

Quedáronlles unhas árbores ben fermosas!

jueves, 18 de mayo de 2023

 CONTACONTOS DE SOLEDAD FELLOZA

O pasado luns asistimos a unha sesión de contacontos na Casa da Cultura da man de Sole Felloza. Como esta semana estamos a festexar o Día das Letras Galegas, as historias que nos contou estaban todas relacionadas con Francisco Fernández del Riego, o persoeiro ao que se lle adica este ano o 17 de maio.

miércoles, 17 de mayo de 2023

 CONTACONTOS "UNHA NOVA GALAXIA"

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, a compañía de teatro "Trémola" veu ao cole a representar un contacontos sobre a vida de Francisco Fernández del Riego, o escritor ao que se lle adica este ano este día. 

Desfrutamos moito desta obra onde, de xeito totalmente adaptado á idade do alumnado, explicáronse as diferentes etapas da vida do escritor e todo o que aportou á nosa lingua e á nosa literatura.

viernes, 5 de mayo de 2023

 A ANPA TAMÉN CELEBRA O DÍA DO LIBRO!

Para que a conmemoración deste día non quedase só nas aulas, a ANPA e as demais familias do alumnado do cole tamén quixeron participar propoñendo divertidas actividades para os peques.

Por un lado realizouse un troco de libros co obxectivo de habituar aos nenos e nenas a ler, así como prácticas de consumo responsable compartindo cos demais os seus libros favoritos.

Tamén houbo unha proposta de montaxe fotográfico e collage. Cada neno ou nena que quixese participar debía pensar nunha personaxe dun libro co que se sintese identificado ou identificada especialmente. Había que fixarse ben en todos os seus rasgos físicos e vestimenta e intentar imitalo disfrazándose del ou dela. Unha vez creado o disfraz, que podía estar feito con prendas que atoparon pola casa, debían sacarse unha foto e acompañala dun texto dunhas liñas onde se explicase por que elixiuse a ese personaxe, as cousas que gustan da historia e que significaba para o neno ou nena.

Os resultados foron todos xeniais! Houbo unha auténtica exposición das diferentes creacións. Moi bo traballo!

martes, 25 de abril de 2023

 APADRIÑAMENTO LECTOR

Con motivo do Día do Libro, realizáronse apadriñamentos lectores co alumnado de Educación Infantil e 6º. Os maiores do cole léronlle diferentes historias ós peques. Pasámolo xenial e compartimos un ratiño moi agradable lendo contos ao sol e aprendendo dos maiores.

lunes, 24 de abril de 2023

Día do Libro


Celebramos este día coa visita da escritora Ana Meilán, quen realizou contacontos con todos os cursos do cole sobre os seus libros, ademais dun taller de escritura cos grupos de 5º e 6º. Queremos darlle as grazas por compartir unha mañá chea de historias preciosas, as cales lémbranos a maxia e a importancia da lectura. O seu traballo está feito con moito cariño e as súas historias divertíronnos un montón.

Os contos foron traballados previamente cos titores e titoras. Incluso a súa autora firmounos e adicounos a cada neno e nena que o trouxo!

En Educación Infantil limos "O aire do lobo Rigoberto", en 1º ciclo "As chaves dos soños", en 2º ciclo "Un universo na túa maleta" e no 3º ciclo "O que a serea esqueceu".

Sen dúbida, quédannos moitas viaxes pendentes. Así é como Ana describe a lectura, unha viaxe apaixoante onde para mercar o billete imos a unha librería a por outro libro. Fai referencia a isto en cada libro e ata deulle un pasaporte lector ao alumnado de 3º e 4º. Que sorte!

Deixámosvos algunhas imaxes deste día:




Tamén fixemos un precioso mural cos diferentes elementos e personaxes dos contos de Ana Meilán. Tanto o alumnado de infantil como o de primaria traballou moito. Mirade que bonito quedou!


lunes, 10 de abril de 2023

 OBRADOIRO FIN DE TRIMESTRE 

O último día de cole antes das vacacións de Semana Santa, todo o alumnado participou nunha xornada de xogos de mesa cooperativos proporcionados dende a nosa biblioteca. E sabedes que? Todos os xogos están dispoñibles! Organizáronse diferentes grupos onde os nenos e nenas maiores encargáronse de explicar as regras dos xogos aos máis pequenos. Entre todos e todas desfrutaron dun ratiño aprendendo uns de outros.

Este obradoiro levouse a cabo tendo en conta que o xogo é unha parte fundamental no desenvolvemento cognitivo durante a infancia. Ademais desenvolve as habilidades sociais, a creatividade, o pensamento crítico e axuda a nenos e nenas a aprender de xeito divertido. 

Deixámosvos unhas imaxes do que fixemos. Pasámolo xenial!