viernes, 5 de mayo de 2023

 A ANPA TAMÉN CELEBRA O DÍA DO LIBRO!

Para que a conmemoración deste día non quedase só nas aulas, a ANPA e as demais familias do alumnado do cole tamén quixeron participar propoñendo divertidas actividades para os peques.

Por un lado realizouse un troco de libros co obxectivo de habituar aos nenos e nenas a ler, así como prácticas de consumo responsable compartindo cos demais os seus libros favoritos.

Tamén houbo unha proposta de montaxe fotográfico e collage. Cada neno ou nena que quixese participar debía pensar nunha personaxe dun libro co que se sintese identificado ou identificada especialmente. Había que fixarse ben en todos os seus rasgos físicos e vestimenta e intentar imitalo disfrazándose del ou dela. Unha vez creado o disfraz, que podía estar feito con prendas que atoparon pola casa, debían sacarse unha foto e acompañala dun texto dunhas liñas onde se explicase por que elixiuse a ese personaxe, as cousas que gustan da historia e que significaba para o neno ou nena.

Os resultados foron todos xeniais! Houbo unha auténtica exposición das diferentes creacións. Moi bo traballo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario