O pasado día 24 de outubro festexamos o día das bibliotecas inaugurando a nosa. Foi un día cheo de sorpresas e emocións. Os nenos e nenas puideron botarlle unha ollada a todas as novas seccións da biblio e a algunhas das novidades literarias.
Aquí podedes ler a adaptación do pregón, presentada polo alumnado do 3º ciclo de primaria.
Por un futuro sostible
As bibliotecas, todas elas, son esenciais para unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta. Por que? Pois porque contribúen cunha educación de calidade, de igualdade de xénero, de máis democracia (sen noticieiros falsos), da redución da pobreza, do coidado do medio ambiente... E falando do medio ambiente, cada vez máis bibliotecas están a adoptar prácticas sostibles para reducir a súa pegada ecolóxica: reciclaxe, audiolibros, ebooks, etc.
As bibliotecas son de todos e de todas, e por iso trátanse de espazos abertos para quen desexe participar. Son un lugar de encontro, onde todos podemos intercambiar opinións, ideas e proxectos. Aquí na Capela, sabemos moi ben como crear comunidade, pois somos unha pequena gran familia.
Feliz día das bibliotecas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario