Seguindo o fío condutor de "A vida nos mares e océanos" que levamos traballando no cole dende o Entroido, e como proxecto para materializar parte dos coñecementos adquiridos na formación sobre E-textiles que fixemos os mestres, o alumnado do cole fixo, coa axuda e supervisión dos mestres, un libro de texturas para as nenas e nenos da casa niño, o cal lles será entregado nunha das vindeiras xornadas, antes do remate do curso.
Deste xeito, cada un dos niveis fixo unha páxina para o libro, coincidindo na súa maior parte co animal do que se disfrazaron polo Entroido:
 |
A ESTRELA DE MAR DE EI
|
 |
A MEDUSA E MÁIS O PEIXE DE 1º E 2º |
 |
O CANGREXO DE 3º E 4º |
 |
A TARTARUGA DE 5º |
 |
A BALEA DE 6º |
E por fin chegou o día...o alumnado de infantil visita a casa niño da Capela cunha misión moi importante! Entregar un agasallo moi especial e feito con moito agarimo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario