PRODUTO FINAL DO NO NOSO PDI: EXPOSICIÓN FLORA E FAUNA DA NOSA CONTORNA
Estes últimos días de clase realizamos unha exposición no corredor da entrada mostrando os traballos elaborados polo alumnado sobre o PDI deste ano: a flora e fauna da contorna.
Nesta mostra podemos contemplar moitas cousas....
- Unha exposición en formato dixital sobre a saída ao regato de Mourente co alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria.
- O vídeo realizado polo alumnado de quinto onde se da a coñecer A Capela.
- Mostras do resultado da elaboración de papel reciclado.
- Animais feitos con material de refugallo.
- Carteis sobre a importancia da reciclaxe.
- Libros que recollen información e debuxos sobre a flora e fauna da contorna.
- Un herbario con follas das árbores recollidas na saída ao río Sesín.
- Un xogo de robótica.
Hai tamén códigos QR para que o alumnado poida ver todo en formato dixital e afondar máis no contido.
No seguinte vídeo móstrase a exposición e ao final veredes imáxenes do alumnado desfrutando das diferentes actividades e aprendendo do material elaborado polos seus compañeiros e compañeiras, así como do realizado por eles mesmos:
PASADE UN MOI BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS! VÉMONOS EN SETEMBRO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario