viernes, 28 de enero de 2022

DÍA DA PAZ 2022 - Un desexo solidario

Esta semana recibimos unha carta de Cusquiño onde nos invitaba a celebrar o día escolar da Paz de forma un pouco diferente. Como xa sabedes, nestas datas lembramos a necesidade de manter cada día unha actitude respectuosa cos demais e dámoslle a importancia que merecen a valores como a empatía, a amizade, a amabilidade, a colaboración ou a xenerosidade. Pero non se trata só de lembralo, senón de actuar

Conta unha lenda xaponesa que realizando moitas grullas de papel (unha figura de papiroflexia símbolo da paz) os desexos fanse realidade. Pois nós estivemos creando moitas pombas co obxectivo de lograr UN DESEXO SOLIDARIO.

Conseguimos reunir unha cantidade considerable de alimentos que serán repartidos polo Concello entre todas aquelas persoas que máis o necesitan. A cambio, cada un de vós levastes os corazóns e pombas que fixemos para desexarvos toda a felicididade do mundo, así como unha pulseira que simboliza a amizade e a unión de todos os/as alumnos/as do cole para lograr este obxectivo común. 

Moitas grazas a todas as familias colaboradoras e tamén ao concello de A Capela. 




Como vedes, démoslle unha segunda vida aos libros de expurgo da biblio: 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario