martes, 9 de junio de 2026

PDI Capelarte: Maruja Mallo

 Os alumnos e alumnas de 3º de primaria están a preparar un mega lapbook sobre Maruja Mallo, unha pintora surrealista galega referente da Xeración do 27, a primeira en representar a muller moderna, activa, libre e profesional. Parabéns polo traballo, desexando ver o resultado final!





PDI Capelarte: Impresionismo


Inés - 5º


Nina - 4º


Tomás 6º



Tamara 3º


Olalla 3º



 

"Coidemos o Planeta" - a maqueta de Tamara

A nosa alumna Tamara fixo xunto a súa familia esta marabillosa maqueta, na que nos ensinou a todos e a todas como funciona unha placa fotovoltáica. Vaia chulada Tamara, mil grazas!



Os mariscos da nosa ría - Cofradía de Barallobre

A Cofradía de Barallobre achegouse ó cole para explicarlles ós pequenos e pequenas de infantil e 1º ciclo as tipoloxías de marisco da nosa ría e en que consiste o seu traballo. Moitas grazas!



Sailing

 O alumnado de 3º e 4º gravou a canción de Sailing de Rod Stewart para traballar o present continuous en inglés. Quedoulles ben bonita, non?


lunes, 8 de junio de 2026

O regreso das mochilas viaxeiras

 Xa van regresando á biblio de Cusco as mochilas viaxeiras tras o seu periplo, cheas de recordos no diario e de historias que acompañaron ó alumnado durante este curso. Ata o curso que ven!