domingo, 27 de noviembre de 2022

 ASÍ CELEBRAMOS O 25 - N


Entre todos e todas creamos este mural incluíndo frases redactadas polos nenos e nenas contra a violencia de xénero.


Tamén queremos adicar un agredecemento especial a Nieves, Fina, Manola e Ana, da Asociación Cabanas Rural, que viñeron a facer un taller con todo o alumnado para elaborar flores de cor violeta. Quedaron preciosas e todos e todas disfrutamos moito do tempo xunt@s aprendendo dos maiores.







lunes, 21 de noviembre de 2022

 20 N - DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Con motivo deste importante día, no cole teremos en breve dispoñible este precioso libro:


O autor, César Bona, resalta a importancia de que todos os nenos e nenas coñezan cales son os deberes e dereitos da infancia. Emprégase unha linguaxe cercana, agradable e divertida lembrando que por cada dereito que ten o neno e nena, hai polo menos un deber que cumprir.

miércoles, 16 de noviembre de 2022

 CAIXAS DA HORA DE LER

Durante o tempo de lectura establecido no noso horario lectivo (de 12:30h a 13h), comezaremos esta semana a poñer en marcha as nosas caixas da hora de ler.

Trátase dunha selección de libros seguindo os itinerarios lectores de cada nivel onde os nenos e nenas de cada clase poderán escoller aqueles que máis lles gusten e disfrutalos durante este tempo de ler. Cambiaranse trimestralmente, onde os titores e titoras farán unha nova selección de libros e contos.



 VISITA Ó DIARIO DE FERROL E Ó MUSEO DO HUMOR

Mentres os máis pequenos e pequenas do cole ían á saída programada en Narón, o alumnado de 5º e 6º de primaria visitou a redacción do Diario de Ferrol. Alí coñeceron o funcionamento do xornal e realizaron un percorrido polas instalacións.

Despois desprazáronse ó Museo do Humor de Fene onde se divertiron vendo diferentes debuxos de humoristas galegos e outros artistas internacionais, salas con cómics, espexos deformantes e esculturas que rinden homenaxe á defensa e importancia do humor.




Resaltar tamén a portada do Diario de Ferrol que os redactores e redactoras fixeron simbólicamente como recordo para o cole.


Ademais, o xornal adicoulle unha noticia á nosa visita, esta vez oficialmente, na edición do día seguinte.

 VISITA Á BIBLIOTECA DE NARÓN E Ó TEATRO

Este martes 15 de novembro o alumnado de infantil ata 4º de primaria visitou a biblioteca municipal de Narón. Alí a bibliotecaria explicounos como se organizaban os libros segundo a temática e a idade á que ían destinados, as actividades de animación á lectura que realizaban cada dous sábados e despois gozamos dun contacontos. Tamén houbo tempo para que os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria lle leran uns libros ós máis cativos e cativas de infantil, 1º e 2º. 

Despois merendamos e ás 12 fumos ó auditorio a ver unha obra de teatro chamada Carabela, da compañia Galeteatro. A obra tiña lugar na "Illa Pequena de Plástico", onde unha cociñeira dun barco naufragado convive co plástico tirado ó mar polos humanos, así como con especies mutantes, paxaros choróns e vertedeiros que non alimentan. Mediante esta temática preténdese concienciar ó alumnado da importancia de coidar os nosos mares e de reciclar e reducir o consumo de plástico.

Deixámosvos aquí un video resumo da saída 😊


sábado, 5 de noviembre de 2022

 PROGRAMA PRENSA-ESCUELA

O mércores pasado o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu ó periódico La Voz para levar a cabo o proxecto titulado Programa Prensa-Escuela, promovido por esta entidade. O obxectivo é que os nenos e nenas teñan a oportunidade de desenvolver o seu sentido crítico a través da prensa e que consigan familiarizarse co mundo da información e da comunicación. 



miércoles, 2 de noviembre de 2022

 ASÍ CELEBRAMOS O SAMAÍN

Unha vez aprendimos un pouquiño sobre as orixes desta festividade (tendes a historia na publicación anterior), deixámosvos unhas imaxes sobre o que fixemos no cole para celebrar este día.