miércoles, 16 de noviembre de 2022

 VISITA Á BIBLIOTECA DE NARÓN E Ó TEATRO

Este martes 15 de novembro o alumnado de infantil ata 4º de primaria visitou a biblioteca municipal de Narón. Alí a bibliotecaria explicounos como se organizaban os libros segundo a temática e a idade á que ían destinados, as actividades de animación á lectura que realizaban cada dous sábados e despois gozamos dun contacontos. Tamén houbo tempo para que os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria lle leran uns libros ós máis cativos e cativas de infantil, 1º e 2º. 

Despois merendamos e ás 12 fumos ó auditorio a ver unha obra de teatro chamada Carabela, da compañia Galeteatro. A obra tiña lugar na "Illa Pequena de Plástico", onde unha cociñeira dun barco naufragado convive co plástico tirado ó mar polos humanos, así como con especies mutantes, paxaros choróns e vertedeiros que non alimentan. Mediante esta temática preténdese concienciar ó alumnado da importancia de coidar os nosos mares e de reciclar e reducir o consumo de plástico.

Deixámosvos aquí un video resumo da saída 😊


No hay comentarios:

Publicar un comentario