domingo, 27 de febrero de 2022

ENTROIDO NA FRAGA

Ratiños, ras, esquíos, abellas, bufos... Animaliños das fragas, facendo un guiño ao noso PDI "Coñece a túa contorna". 


Logo dos bailes, o xuízo do Meco e a merenda de Entroido, 

Anxo Moure chegou na súa bicicleta para deleitarnos cunha historia do bosque, coas súas rimas e ritmos musicais, sempre desde unha perspectiva ecolóxica e de fomento do respecto ao medio ambiente. 👏🌳🍃


miércoles, 23 de febrero de 2022

PROXIMAMENTE... Anxo Moure!

 Estas semanas vinvos a todos e todas moi apurados, recorta por aquí, pega por alá, cose polo outro lado... Asomei o fociño polas portas e, como non podía ser doutra forma neste curso, puiden albiscar as figuras de diferentes animaliños das fragas.

Pois mirade por onde, tíñavos preparada unha sorpresa. Cal é o escritor e contacontos que máis quere e protexe a natureza? Pois claro, Anxo Moure! 

O día do Entroido, logo das vosas xeniais actuacións e o xuízo do Meco, poderemos desfrutar do seu espectáculo O Entroido no bosque 🌳🌿

Seguro que o pasamos en grande!

O voso amigo, Cusco. 🐭


DÍA DE ROSALÍA - #SementadePensamentos

Un ano máis, lembramos a figura da nosa poetisa, da muller que tanto defendeu a nosa lingua, a nosa terra e a igualdade. A planta dos pensamentos era a súa preferida, pensamentos que florecían maxistralmente para formar parte da nosa literatura e da nosa identidade, por sempre. 

"Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino".

Coidade con mimo os vosos! 😉🌸 🐭








Aquí tedes un Genially sobre a súa biografía, feito polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de diferentes colexios de Galicia. Grazas por compartilo!

sábado, 19 de febrero de 2022

COMEZA O ENTROIDO!

 Achégase a semana máis trouleira do ano! Atentas/os aos mandados do Meco! 

 
O Meco xa está aquí
cun recado para ti:
O luns para comezar
algo no pescozo has de colgar.

NOVIDADES

Cusco non para de traervos novos libros para a súa colección. Estade atentos aos andeis de novidades da biblio porque é difícil seguir o seu ritmo para publicalos por aquí. Deixámosvos só unha pequena mostra deles: 

viernes, 4 de febrero de 2022

PDI Coñece a túa contorna - A CAPELA EN IMAXES

Xa no 1º trimestre, Cusco enviouvos unha carta na que vos propoñía que saírades acompañados da vosa familia para facer un retrato "ao natural" da vosa contorna. 

As fotografías que nos achegastes son preciosas e poñen de relevancia algo que xa sabíamos, a gran beleza e valor natural do entorno no que se sitúa o colexio e as vosas casas. 


Como xa sabedes, algunhas delas ilustraron o calendario deste ano, pero podedes ver o resto no noso recibidor e tamén aquí nesta publicación: 


Moitas grazas pola vosa colaboración!

viernes, 28 de enero de 2022

DÍA DA PAZ 2022 - Un desexo solidario

Esta semana recibimos unha carta de Cusquiño onde nos invitaba a celebrar o día escolar da Paz de forma un pouco diferente. Como xa sabedes, nestas datas lembramos a necesidade de manter cada día unha actitude respectuosa cos demais e dámoslle a importancia que merecen a valores como a empatía, a amizade, a amabilidade, a colaboración ou a xenerosidade. Pero non se trata só de lembralo, senón de actuar

Conta unha lenda xaponesa que realizando moitas grullas de papel (unha figura de papiroflexia símbolo da paz) os desexos fanse realidade. Pois nós estivemos creando moitas pombas co obxectivo de lograr UN DESEXO SOLIDARIO.

Conseguimos reunir unha cantidade considerable de alimentos que serán repartidos polo Concello entre todas aquelas persoas que máis o necesitan. A cambio, cada un de vós levastes os corazóns e pombas que fixemos para desexarvos toda a felicididade do mundo, así como unha pulseira que simboliza a amizade e a unión de todos os/as alumnos/as do cole para lograr este obxectivo común. 

Moitas grazas a todas as familias colaboradoras e tamén ao concello de A Capela. 




Como vedes, démoslle unha segunda vida aos libros de expurgo da biblio: