Cusco non para de traervos novos libros para a súa colección. Estade atentos aos andeis de novidades da biblio porque é difícil seguir o seu ritmo para publicalos por aquí. Deixámosvos só unha pequena mostra deles:
sábado, 19 de febrero de 2022
viernes, 4 de febrero de 2022
PDI Coñece a túa contorna - A CAPELA EN IMAXES
viernes, 28 de enero de 2022
DÍA DA PAZ 2022 - Un desexo solidario
Esta semana recibimos unha carta de Cusquiño onde nos invitaba a celebrar o día escolar da Paz de forma un pouco diferente. Como xa sabedes, nestas datas lembramos a necesidade de manter cada día unha actitude respectuosa cos demais e dámoslle a importancia que merecen a valores como a empatía, a amizade, a amabilidade, a colaboración ou a xenerosidade. Pero non se trata só de lembralo, senón de actuar.
Conta unha lenda xaponesa que realizando moitas grullas de papel (unha figura de papiroflexia símbolo da paz) os desexos fanse realidade. Pois nós estivemos creando moitas pombas co obxectivo de lograr UN DESEXO SOLIDARIO.
Conseguimos reunir unha cantidade considerable de alimentos que serán repartidos polo Concello entre todas aquelas persoas que máis o necesitan. A cambio, cada un de vós levastes os corazóns e pombas que fixemos para desexarvos toda a felicididade do mundo, así como unha pulseira que simboliza a amizade e a unión de todos os/as alumnos/as do cole para lograr este obxectivo común.
Moitas grazas a todas as familias colaboradoras e tamén ao concello de A Capela.
miércoles, 19 de enero de 2022
CONTOS PARA ESCOITAR, en voz de Charo Pita
Ola compañeiras/os!
Fágovos chegar un agasallo de parte da nosa autora convidada para o vindeiro día do libro.
Como xa anunciamos, Charo Pita é unha magnífica narradora oral e púxolles voz a doce relatos pertencentes á obra "Contos ao teléfono" do xenio da literatura Gianni Rodari e que foran traducidos ao galego no seu momento por Xela Arias.
Deste xeito, as palabras cobran vida e pasan a ser non só contos para ler senón tamén para escoitar.
Premede na imaxe e desfrutade deles!
Cusco 🐭
martes, 18 de enero de 2022
MALETA VIAXEIRA "CREATIVA"
Lembrade que a semana pasada chegou á biblio de Cusco unha nova maleta viaxeira. Estará dispoñible ata principios de febreiro. Trae material para imaxinar, crear, xogar... Non vola perdades!
lunes, 20 de diciembre de 2021
TRÍPTICO DE NADAL
Hoxe chegou ás casas o tradicional tríptico da Biblioteca de Cusco en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Por unha banda, parabéns a Lara, de 6º de primaria, por resultar gañadora do XI concurso de slogans de animación á lectura.
Por outra banda, anotamos na axenda o noso próximo encontro coa autora Charo Pita. Lembrade, polo día do libro. Será unha xornada moi especial!
Boas e tranquilas festas!
👏📖
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE INVERNO
Cusco elixiu estas lecturas e música entre algunhas das moitas novidades que trouxo para a nosa biblio. Está convencido de que son ideais para os próximos días de inverno na casa.
Hai moito onde elixir, lembrade incluir algunha nos vosos desexos de Nadal! 🎄

