O 25 N reivindicamos a eliminación por completo de toda violencia contra a muller, provocada pola gran lacra que son o sistema patriarcal e o machismo. O alumnado realizou un mural onde as súas mans transformáronse nunhas ás que simbolizan a liberdade que todos e todas merecemos polo simple feito de existir.
martes, 25 de noviembre de 2025
viernes, 21 de noviembre de 2025
Saída ó centro de interpretación Caldoval
jueves, 20 de noviembre de 2025
Visita Ana Meilán
Polo Día Universal da Infantil (20 de novembro), visitounos Ana Meilán para deleitarnos cun contacontos da súa saga "Xertrudis". Moitas grazas á ANPA por facelo posible.
martes, 28 de octubre de 2025
"Contos con xeito" de Bea Campos na Casa da Cultura
viernes, 24 de octubre de 2025
Día das Bibliotecas 2025: as 7 probas da verdade e a nova axudante de Cusco.
Tras a publicación do suplemento falso, chegou o día das bibliotecas e era o momento de poñer ó alumnado a proba: entenderan o concepto de bulo? Recordan como podemos verificar unha información? Tras unha presentación sobre a actividade As 7 probas da verdade, era o momento, tal coma Asterix e Obélix nas 7 probas, de desmentir ou confirmar a información que proporcionaban as tarxetas.
Pista a pista, fonte a fonte (moitas dispoñibles na nosa biblio) e selo de verificación en selo de verificación, todos os grupos de xornalistas de investigación amateurs conseguiron completar as probas: que non vos enganen! Pasámolo todos e todas fenomenal, cunhs nenos e nenas de primaria completamente implicados/as e un profesorado un tanto falcatrueiro (que non lles puxo as cousas fáciles...).
Tras a actividade, levouse a cabo a entrega de premios "Un/unha axudante para Cusco" para os/as finalistas e a gañadora Yoanna, que creou a Noite, unha gatiña moi espabilada.
Para rematar, fíxoselles entrega dun diploma por seren uns/unhas xornalistas de investigación impresionantes, unha galletiña co cartel do Día das Bibliotecas 2025 e unha pegatina da nova axudante de Cusco!
Que vivan as bibliotecas!
jueves, 23 de octubre de 2025
Contra a desinformación, bibliotecas! Coidado coas fake news na Capela!
O lema deste ano para o Día das Bibliotecas era "Contra a desinformación: bibliotecas". Máis ca nunca, precisamos formar ás crianzas nos perigos das fake news e dos bulos. Coa expansión das redes sociais e de tecnoloxías coma a IA, aprender a buscar fontes verídicas é importantísimo.
Para demostrar o fácil que é enganar e que un bulo se espalle, preparamos un suplemento da Voz de Galicia falso. O mércores, dentro de cada xornal dos nenos e nenas de 3º ciclo, apareceu este folleto especial da Capela cunha portada que os deixou a todos en shock: "Atopan unha maleta con 500.000 euros nas obras do pavillón do CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro."
Foi cousa de horas e a noticia xa chegara ata outros Concellos, mentres que as teorías sobre o sucedido e a alteración dos datos ían in crescendo. Polo tanto, conseguimos o noso obxetivo, o cal deu paso a unha presentación sobre o suplemento falso (pistas que había no seu interior para saber que non era real), poñendo en evidencia esta problemática e como as bibliotecas poden ser un filtro importantísimo de tanta morralla informativa.
martes, 21 de octubre de 2025
Aprendendo a reciclar
O venres recibimos a visita de Nuria, especialista en xestión medioambiental. Primeiro explicounos o máis importante sobre a reciclaxe e despois propúxonos un xogo no que puidemos desmostrar o atentos/as que estivemos. Graciñas ao concello da Capela por esta actividade.
Cal será o/a futuro/a axudante de Cusco?
Cusco precisa un ou unha novo/a axudante! A partires de xaneiro vai ter moito traballiño na biblio e el so non pode con todo! Tanto colocar, catalogar, organizar... puf! Anda un chisco estresado. Por sorte, pediulle axuda ó noso alumnado e estos/as son os/as participantes:
viernes, 10 de octubre de 2025
lunes, 8 de septiembre de 2025
Benvidos/as a un novo curso!
Tras un merecido descanso, volvemos ó cole. Na entrada, tras cruzar baixo un colorido arco de globos (ANPA), xa tiña Cusco preparado un novo reto relacionado co PDI: CapelArte. Entre todos e todas foron encaixando as pezas deste gran puzzle onde aparecen todas as obras do álbum do ano pasado, "Os 100 parrulos da Arte". Para coller folgos, repartíronse unhas galletiñas da sorte de papel cunha mensaxiña dentro.
Este ano imos aprender un montón sobre as diferentes épocas da Historia da Arte, así que ide preparando as vosas capacidades artísticas que isto comeza! Bo curso!
jueves, 3 de julio de 2025
PDI Capelarte: un agasallo de fin de curso de parte de Cusco!
Cusco quería ter un detalliño de fin de curso para pechar este primeiro ano do PDI Capelarte, e argallou unha libreta que é pura artesanía: unhas mans puxeron en marcha a cortadora láser, outras lixaron, outras cortaron e axustaron os papéis, outras encadernárona... Un traballo en equipo, que é coma facemos as cousas neste cole!
Agora é momento de descansar. Cusco espera que anotedes as vosas aventuras do verán na súa libretiña, ou que debuxedes as vosas ideas... e así gardar os recordos deste ano para sempre!
miércoles, 18 de junio de 2025
Capelarte: aprendendo a encadrar
Tras estudar e ver exemplos dos distintos encadres fotográficos e cinematográficos, era hora de poñer os coñecementos en práctica. Aquí tedes unha pequena selección das fotos que sacaron os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo.
Extreme wide shot - Gran plano xeral
Wide shot - Plano xeral
Medium shot - Plano medio
Ground level shot
High angle - Plano picado




















