O pasado xoves celebramos no cole o día das bibliotecas escolares no cole. Todo
tivo lugar na aula de música.
Para comezar, o alumnado de sexto de EP fixo unha
pequena introdución explicando ao resto das compañeiras e compañeiros do centro
por que é importante fomentar a lectura en xeral e o uso das bibliotecas en
particular.
Seguidamente, procederon a entregar as medallas para os finalistas
(dous por ciclo) do concurso de slogans de animación á lectura, dos cales sairá
elixido o gañador/a cuxo traballo será publicado no tríptico de Nadal.
A maiores
fixeron unha representación teatral que poderedes ver no video-resumo que
publicamos nesta mesma entrada. Nela se fai unha crítica constructiva dos
problemas que implica o uso excesivo das pantallas e o bo que sería reducir o
tempo fronte a elas en beneficio de tempo de lectura de calidade, coma unha
forma de aprender, viaxar e coñecer novos mundos sen movernos da cadeira.
Finalmente, todos os nenos pasaron a recoller, tamén da man dos seus
compañeiros/as de sexto, unha galleta cun fermoso estampado relacionado co día
que estábamos a celebrar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario