miércoles, 8 de junio de 2022

CUSCO QUERE SABER...

 Ola!

Vai rematando o curso e polo tanto, tamén as actividades da biblioteca deste ano. Agardo que levedes un bo recordo delas e que aprenderades moito.

Para coñecer mellor aínda a vosa opinión, pídovos un pequeno favor: cubride estas enquisas que vos achego. Os máis peques do cole posiblemente necesitaredes a axuda dos vosos profes (podedes ila cubrindo entre todos). 

Son moi parecidas ás do curso pasado, non vos levará moito tempo.😉

Moitas grazas pola vosa colaboración! 

Cusco 🐭

ENQUISA PARA O ALUMNADO                        ENQUISA PARA O PROFESORADO

No hay comentarios:

Publicar un comentario