viernes, 22 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Que ben o pasamos hoxe!

Estou moi contento por celebrar na vosa compañía este día tan especial para min e para o meu pequeno-gran recuncho do colexio: a biblioteca. 

Comezamos o día na Casa da Cultura para encontrarnos de novo co Mago Paco e os seus magníficos e divertidos trucos enleados con entretidos contos. Grazas á Biblioteca Municipal por invitarnos unha vez máis e tamén á empresa de transporte García Seco, que nos salvou dalgunha molleira nestas visitas.


Á volta, o alumnado colaborador de 6º deleitounos cun xenial contacontos. Desfrutamos e sobre todo, rimos coas historias que con tanto esmero prepararon nestes días coa axuda da súa titora. Talento non vos falta! Lembrade que, se queredes coñecer o final de cada unha delas, agárdanvos na biblio.


Finalmente, revelamos o nome dos/as finalistas do concurso de slogans (podedes consultalos na publicación anterior) e recibimos, con moito agarimo, un agasallo moi doce: a tradicional galleta. Espero que vos gustara! 

Abaixo déixovos o vídeo. 

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS A TODAS E TODOS! 📖📚

Cusco 🐭

No hay comentarios:

Publicar un comentario