martes, 19 de marzo de 2024

Celebramos o Día Internacional da Muller

 O pasado 8 de marzo celebramos no cole o Día Internacional da Muller, xornada recoñecida pola ONU coa fin de reivindicar os dereitos das mulleres así como a igualdade social e laboral.

Co obxectivo de lle dar visibilidade a tan importante causa, o alumnado do cole configurou un mural que quedará exposto na parede que hai ao lado da aula de infantil.

Neste mural hai diferentes mandalas relacionados co 8M aos que as nenas e nenos lles deron o seu toque persoal empregando as cores que cada un preferíu no momento de facelo.

Ademáis, e aproveitando a semana da prensa, cada unha das clases dos diferentes niveis buscaron e atoparon diferentes novas en diferentes diarios, todas elas relacionadas coa muller no deporte.

 Dende o cole, seguiremos a loitar sempre polos dereitos da muller e a igualdade!


martes, 27 de febrero de 2024

Celebramos o día de Rosalía de Castro

O pasado venres 23 de febreiro celebramos no cole o día de Rosalía de Castro, poetisa e novelista galega que tantas obras deixou para o noso gozo.

Co obxectivo de homenaxear tanto á autora en sí mesma coma o legado que nos deixou, cada ciclo aprendeu e recitou un dos seus poemas.

 Aproveitamos o tempo do plan lector para acudir á aula de música e, por quendas organizadas dos máis maiores aos máis pequenos, cada grupo foi recitando o poema que elixiu mentres o resto escoitábamos con atención e aplaudíamos o seu traballo. 


Os poemas elixidos foron os seguintes:

- INFANTIL e 1º CICLO DE EP: "Adiós ríos, adiós fontes". Quenes ademáis prepararon uns murais preciosos representando as mensaxes do poema.

- 2º CICLO DE EP: "Has de cantar"

- 3º CICLO DE EP: "Campanas de Bastabales"

jueves, 15 de febrero de 2024

Un Entroido "pasado por auga"

 E non soamente polo tempo, que non nos deixou desfilar pola rúa como fixéramos o ano pasado, senon tamén pola temática elixida para a celebración do Entroido no 2024: "A vida submarina".

Tras poñerse os seus respectivos disfraces, as rapazas e rapaces do cole foron ocupando os seus postos nas escaleiras onde xa ven sendo tradición facer as fotos de cada grupo.

Dende os máis pequeniños ata 4º curso de EP, estrelas de mar, peixes e cangrexos, ían representar a vida do fondo mariño, mentres que os maiores de 5º e 6º deseñaron os seus disfraces de "lixo" co obxectivo de alzar a súa voz en loita contra o que precisamente está a acabar con toda esa vida: a contaminación dos nosos mares e océanos.


Feitas as fotos, dirixímonos todos ao pavillón, onde un grupo de música folclórica agardaba por nós e máis polas familias para amenizar a primeira parte da xornada. 

Tras bailar todo o que puidemos, o alumnado de 5º de EP sería o encargado de, a través duns versos escritos por eles mesmos e moi pero que moi traballados, presentar e dar entrada aos diferentes grupos para que puideran desfilar exhibindo os seus disfraces.



Unha vez rematado o desfile, foi o momento de xulgar ao que levaba toda a semana volvéndonos tolos cos seus mandadiños, e que ademáis fixera trasnadas varias a diferentes veciños. Deste xeito, a avogada, a xuíza, o fiscal e o policía escoitarían as diferentes testemuñas para finalmente determinar "A QUEIMA DO MECO!!!"


Ao termo do xuízo, dirixímonos todos ao comedor, onde nos esperaría un delicioso almorzo de chocolate con churros!!






miércoles, 7 de febrero de 2024

30 de Xaneiro: Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.

 O pasado martes 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz. Ata o remate do recreo foi unha xornada lectiva ao uso, se ben é certo que antes das 12:00 todo o alumnado do centro tiña que colgar na nosa Árbore da Paz o adorno relacionado con este día que trouxeron da casa. Aproveitamos de paso este espazo para dar as grazas a todas as familias pola vosa colaboración, compromiso e bó facer.  

A partir das 12:30 todo o alumnado e profesorado do cole reuníuse na pista azul da parte traseira do patio para formar un gran corro e cantar e bailar a coreografía que levaban preparando dende había un par de semanas co mestre David. 

A canción elixida para a ocasión foi a de "El mismo Sol", de Álvaro Soler. Unha canción sinxela e de ritmo alegre que invita á reflexión sobre como, a pesar das diferenzas, todos os seres humanos compartimos o mesmo planeta e estamos iluminados pola mesma estrela. 

Tras repetir a coreografia 3 veces, coa que nenos e adultos puidemos desfrutar moito e pasar un rato agradable e divertido, dirixímonos todos ao pavillón onde se atoparían cun circuito de xogos cooperativos organizados en 4 estacións diferentes.

Estes xogos pensáronse tanto para que os nenos o pasaran o mellor posible como para acadar o obxectivo de que se deran conta de que a maioría das veces a cooperación e o feito de axudarnos entre nos fai que todo resulte moito máis doado. 




viernes, 22 de diciembre de 2023

BO NADAL!

 Dende o CEIP Mosteiro de Caaveiro vos queremos desexar un bo nadal, unhas moi felices festas e un feliz aninovo! Disfrutade do tempo compartido cos vosos seres queridos e que os máis peques da casa disfruten tamén dunhas máis que merecidas vacacións!

E non atopamos mellor maneira de transmitir este desexo que compartindo con vos a postal que foi a gañadora do concurso proposto entre o alumnado de Educación Infantil, feita polo alumno Bruno.



Concurso de slogans: entrega de premios

 Aproveitando o remate do Festival de Nadal, os presentadores Ainara e Lucas de 6º curso de EP coa axuda do seu titor Juan e Patri, a mestra de inglés, entregaron os premios aos finalistas e á gañadora do Concurso de Slongas de animación á lectura no que participou o alumnado do centro.

GRAZAS A TOD@S @S PARTICIPANTES E PARABÉNS AOS/ÁS PREMIADOS/AS!!



Tríptico de Nadal