lunes, 30 de enero de 2023

 COIDAMOS A NOSA CONTORNA

Dende o centro estamos a realizar obradoiros de sensibilización medioambiental co alumnado, onde estamos a aprender os coñecementos necesarios para poñer en marcha o noso composteiro escolar.

Estes talleres están organizados por Euroeume, plataforma que ten en marcha un proxecto de promoción de prácticas agrarias respectuosas co medio ambiente. Tamén queren facer conciencia da importancia dunha xestión de residuos máis ecolóxica para xerar menos residuos e reciclar e reusar correctamente.

Queremos dar as gracias a Ángel por vir o pasado venres ó cole e ensinarnos como ser máis responsables co medio ambiente.

Deixamos aquí algunhas imaxes dos obradoiros:

domingo, 15 de enero de 2023

 OBRADOIRO AMBIENTAL - PROGRAMA "NATURÉZATE"

O pasado venres o alumnado de primaria asistiu a unhas charlas informativas sobre a fauna e flora das Fragas do Eume, onde houbo tamén espazo para reflexionar sobre o que podemos facer para coidalas. 

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto do cole "Coñece a túa contorna". O obradoiro estivo dirixido por Fran, educador ambiental do programa "Naturézate" da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta.

Despois amosamos as nosas dotes de artistas decorando bolsiñas de tea con follas estampadas, todo proporcionado por Fran. Queremos darlle as grazas por vir a pasar a mañá con nós e ensinarnos tantas cousas tan interesantes.

Pasámolo xenial!


 A MALETA CLIMÁTICA

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), pon a disposición de todos os centros educativos unha colección de libros informativos e ilustrados sobre temática de emerxencia climática. 

O obxectivo das maletas é concienciar ó alumnado sobre a o cambio climático e a súa problemática, sendo tamén un excelente recurso complementario ao traballo desenvolvido nas aulas. 

A maleta estará un mes no cole, polo que o alumnado poderá disfrutar dela durante este tempo.


martes, 27 de diciembre de 2022

 Cusco e o equipo de mestres e mestras deséxavos un Feliz 2023!

Por fin puidemos producir as nosas bólas de nadal personalizadas empregando a impresora 3 D.


Cusco cóntanos algo sobre esta máquina que traballou a pleno rendemento para agasallar a cada neno e nena ca súa boliña.

As impresoras 3D  toman un deseño almacenado nun arquivo informático e convérteno en realidade, é dicir, nunha peza ou maqueta volumétrica con longo, ancho e alto.

A impresión realízase sen necesidade de moldes nin utillaxes de ningún tipo. Aos poucos, a máquina vai construíndo a peza mediante a deposición de capas de material que se van consolidando e formando a estrutura desexada. O proceso de construción é capa a capa e desde abaixo cara arriba.

As impresoras 3D utilizan normalmente materiais termoplásticos que saen derretidos a través dun filamento e endurécense ao arrefriarse.

jueves, 22 de diciembre de 2022

 BO NADAL!

Cusco deséxavos unhas moi Felices Festas e tamén déixanos unhas recomendacións de lectura para estas vacacións.


E noraboa a Manuel, de 5º de primaria, polo primeiro premio do concurso de slogans 👏


domingo, 27 de noviembre de 2022

 ASÍ CELEBRAMOS O 25 - N


Entre todos e todas creamos este mural incluíndo frases redactadas polos nenos e nenas contra a violencia de xénero.


Tamén queremos adicar un agredecemento especial a Nieves, Fina, Manola e Ana, da Asociación Cabanas Rural, que viñeron a facer un taller con todo o alumnado para elaborar flores de cor violeta. Quedaron preciosas e todos e todas disfrutamos moito do tempo xunt@s aprendendo dos maiores.







lunes, 21 de noviembre de 2022

 20 N - DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Con motivo deste importante día, no cole teremos en breve dispoñible este precioso libro:


O autor, César Bona, resalta a importancia de que todos os nenos e nenas coñezan cales son os deberes e dereitos da infancia. Emprégase unha linguaxe cercana, agradable e divertida lembrando que por cada dereito que ten o neno e nena, hai polo menos un deber que cumprir.