martes, 28 de septiembre de 2021
ACTUACIÓN "Dámoslle volta ao conto!"
jueves, 23 de septiembre de 2021
ACTUACIÓN: Maxia divertida 3.0
Risas, aplausos e moita maxia. Grazas ao Mago Paco e á Biblioteca Municipal por esta divertida mañá. Xa nos tarda repetir! 😉👏
sábado, 18 de septiembre de 2021
ACTUACIÓN: Maxia divertida 3.0
viernes, 10 de septiembre de 2021
Comezamos!
Ola compañeiras/os!
Agardamos que veñades con alegría, enerxía e ganas de aprender, tanto ou máis que o ano pasado. Axiña teredes novas miñas desde a biblio, pero antes debo organizar unhas cantas cousas para poñelo todo a punto.
Grazas por estas follas tan bonitiñas, agradécese a sombra😉
Desexámosvos un bo curso 2021 - 2022!
miércoles, 23 de junio de 2021
NO VERÁN, PASADE PÁXINA!
Ola compañeiras/os!
Non podía marchar de vacacións sen antes deixarvos unhas recomendacións de lectura para o verán.. Seguro que xa tedes algún libro na mente, pero para os máis indecisos, déixovos algunhas ideas.
Aproveito para felicitarvos pola vosa actitude diante do que foi un dos cursos máis complicados. Tedes máis que merecidas unhas boas vacacións!
Ata a volta!
O voso amigo Cusco.
viernes, 18 de junio de 2021
CONTACONTOS: "Contos daquí e dacolá"
O vindeiro luns, 21 de xuño, iremos á casa da cultura para desfrutar destas fantásticas historias que nos contará Fátima Fernández. Grazas de novo á Biblioteca Municipal por convidarnos!
E lembrade estar atentos ao taboleiro de anuncios do cole, aínda teremos tempo para máis actividades de fin de curso... 👏😉
miércoles, 16 de junio de 2021
CUSCO CONVÍDAVOS A UNHA ANIMACIÓN
Ola compañeiros/as!
Alégrome moito de que vos gustaran as lecturas que vos propuxen para o trimestre. Abofé que son unhas historias ben interesantes e entretidas!
Pero aínda teño outra sorpresiña para vós, pois o vindeiro venres día 18 poderemos disfrutar no cole dunhas fantásticas animacións sobre elas.
Non volas perdades!







