martes, 23 de febrero de 2021
24 de FEBREIRO: Día de Rosalía de Castro
viernes, 5 de febrero de 2021
TEMPO DE ENTROIDO!
jueves, 28 de enero de 2021
ROBÓTICA NA CAPELA
Boas raparigos e raparigas da Capela! Aquí Cusco para dicirvos que este ano, pese a ser distinto a todos os anteriores, non perdemos as ganas de seguir descubrindo, xogando, divertíndonos e sobre todo aprendendo. Por fin saltamos de cheo a pola robótica, agora invadides a miña biblioteca non só con libros e ordenadores, senón que tamén me metéstedes ROBOTS! Foi un sorpresa moi boa porque estaba un pouco só. Agora xogo con Doc, Mind, BlueBoot, escornabots, mBots e millóns de legos (que por certo, están por todas partes e xa fan de todo). Igual que eu estou entretido, tamén o debedes de estar vós porque polo que vexo nesta televisión de aquí abaixo moito traballades.
Dádelle clic na palabra "EMPEZAR" para ir ao índice de vídeos. Clicade no que vos apeteza ver e dádelle ao play para ser bos e boas youtubers. Non vos esquezades de darlle like e compartir, que está moito de moda.
Un saúdo grande,
CUSQUIÑO
lunes, 25 de enero de 2021
DÍA DA PAZ - 2021
sábado, 26 de diciembre de 2020
CALENDARIO 2021: Por un planeta mellor
Fai xa uns aniños que moitos países se comprometeron a facer deste planeta un lugar mellor onde vivir. Para iso, marcaron na súa axenda varios obxectivos (se queres saber máis, entra aquí).
No cole reflexionamos sobre o significado dalgúns deles e elaboramos uns estupendos carteis que van incluídos no calendario do ano 2021.
Queremos poñer o noso gran de area para crear conciencia.
viernes, 25 de diciembre de 2020
domingo, 20 de diciembre de 2020
TRÍPTICO DE NADAL E RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS
Cusco está convencido de que esta selección de lecturas e música son ideais para os próximos días de inverno na casa. Botádelles un vistazo e lembrade que sería estupendo incluir algunha nos vosos desexos de Nadal! 🎄📖⛄


