lunes, 12 de diciembre de 2011

Conto d@s alumn@s de 6º

Seguimos coa tradición do contacontos o derradeiro mércores de cada mes. Os encargados de inaugurar o curso foron os alumnos de 6º, que nos puxeron os pelos de punta cunha historia terrorífica... O caserón do medo!!!

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación customized with Smilebox

miércoles, 26 de octubre de 2011

Día das Bibliotecas Escolares

O pasado 24 de outubro foi un día moi especial para min: O Día das Bibliotecas Escolares. Para celebralo os nenos e nenas do cole participaron nun concurso de slogans de animación á lectura. Os mestres do cole seleccionaron un finalista de cada curso.









O luns 24 de outubro se fixo a entrega de premios, amenizada polo profe Xabi coa lectura dun conto adicado ás bibliotecas.



 O noso novo dire David fixo a entrega de premios. Regalou a cada finalista un lapis moi chulo para que sigan escribindo cousas tan bonitas como as que aparecen nos seus slogans.


Nerea foi a finalista de 1º.


Brais foi o finalista de 2º.


Andrea foi a finalista de 3º.


Sandra foi a finalista de 4º.


Noelia foi a finalista de 5º.


Xeila foi a finalista de 6º.


E a gañadora do concurso de slogans para a animación á lectura foi... Andrea de 3º co seu slogan: "Lendo viaxarás a mundos fantásticos"! O premio que recibiu foi un libro de misterio titulado: "Mefi, Sata e Demi"


Os finalistas posan cos seus slogans.


miércoles, 14 de septiembre de 2011

Benvid@s de novo!!

Ola amiguiños. Xa estades de volta no cole un curso máis. A verdade é que xa me tardaban as vosas visitas á biblioteca. Lembrade que me podedes visitar cada día durante o recreo da tarde para pasar un bo rato viaxando polas páxinas dos libros. Este curso teremos moitísimas sorpresas, concursos, visitas e novidades que non podedes deixar pasar.
Biquiños do voso amigo Cusco!!

miércoles, 22 de junio de 2011

Chegan as vacacións!!

Non queda nadiña. Dentro de semana e media remata o curso e non podía marchar de vacacións sen despedirme dos nenos e nenas da Capela. Espero que o pasedes moi ben na praia ou na piscina, xogando c@s amig@s, descansando e aproveitando para ler algún libro dos que non tivechedes oportunidade de ler durante o curso.
Biquiños de queixo e ata setembro!!

Cusco

martes, 21 de junio de 2011

Conto dos nenos e nenas de infantil

O día antes de rematar as clases os máis peques do cole fixeron dúas representacións que gustaron moito tanto aos nenos e nenas coma aos mestres e mestras.


Os nenos e nenas de 3 e 4 anos representaron "A noite das mudanzas"








Os nenos e nenas de 5 anos representaron "Eu non fun!"









A actuación dos nenos e nenas de infantil serviu de despedida para o noso director Secundino, que se xubila cando remate o mes de xuño. Ata pronto Secun!!


viernes, 10 de junio de 2011

Día das Letras Galegas

O pasado 17 de maio celebrouse como cada ano o Día das Letras Galegas. No noso cole quixemos coñecer a palabra en galego que máis lle gustaba a  cada nen@, a cada profe e a cada unha das persoas que traballan no noso centro. Quedounos un mural moi chusquiño que lle adicamos a Lois Pereiro, ese escritor que sabendo falar tantas linguas amaba tanto o galego.
Cada curso depositou as súas palabras fermosas nesta caixiña.


Despois esas palabras se xuntaron para formar o mural que podedes ver na seguinte foto.



viernes, 3 de junio de 2011

Sesión de contos con primeiro

O derradeiro mércores de maio os nenos e nenas de primeiro representaron "A ratiña presumida".


 Esta ratiña tiña moitos pretendentes!!






E colorín colorado, este contiño está rematado...